« Inicio | Incéndios e o canguelo das autoridades » | Vacacións condicionadas polo lume » | Bahía de Sydney-Sidney en 720 Megapixels » | Descubriendo el Messenger » | Aqueles marabillosos anos (II) » | Tempus Fugit » | Adoptando unha mascota » | El típico billete con fixo » | Prison Break » | "...me le tendré que aprender el himno" pensou Tou... »  

2006-08-14 

Reflexións sobre os lumes

Despois de pasar un par de dias de lecer en Malpica sen case contacto co exterior, ao voltar a vida normal, pensando en frio entendo a decisión das autoridades de desaloxar os campings da zona de Muxia por mor dun incéndio, inda que penso que non habia perigo a ver quen é o valente que di que siga a xente nos campings e despois que pase algunha desgrácia.

O que cada vez teño mais claro é que aparte de intencionados (creo que todos de acordo) este ano os lumes teñen alguén movendo fios por detrás... quén? a miña opinión personal: intereses turísticos doutras zonas do estado que ven como os turistas veñen cada vez mais a Galicia e pasan desas praias caldeadas e saturadas do mediterráneo, intereses inmobiliários? xente das brigadas contra-incéndios que así pensan que van ter mais traballo (pan pra hoxe fame pra mañá) ou resentidos por non seren contratados, "radicais" do partido da oposición para foder ao goberno galego e ao goberno español? (isto seria moi triste pero certo que o penso)... moitos mais, pensa mal e acertarás.

Como soluciona-lo problema? pensando mais en políticas de prevención que de extinción... como? sempre que haxa cartos e gañas penso que poderia ser doado:
  • Caña a os incéndiarios, que teñan que pensar nas consecuéncias antes de prender lume, por moito que lles paguen por facelo... maximo de pena que se poida e nada de sair aos tres dias.
  • Limpa-lo monte, por lei, cada propietario que limpe o seu monte e se non o fai multa gorda ou expropiarlle os terreos. Se non ten cartos pra facelo pois subvencións.
  • Controla-las especies que se plantan menos (ou nada) de eucaliptos e piñeiros (facílmente "incendiables" e mais especies autóctonas (carballos, castiñeiros...). Subvencions pra os que planten especies autoctonas.
  • Controla-la "densidade" de arbores sobre todo de crecemento rápido e todo tipo de traballos que fagan falla pra ter o monte en condicións: cortalumes, camiños forestais...
  • Vixiancia con mais guardias forestais ou mesmo veciños que incluso poderian recibir algunha remuneración da administración.
  • - E o mais importante pero igual mais dificil, que é concienciar a xente de coida-lo seu património natural.

Para quitarlle un pouco de ferro ao asunto... un pasatempo: busca as diferéncias: Voluntario vs Feijoo
Voluntario vs Feijoo
Sacado de ArdeGaliza.info

Na foto da dereita poderiase meter tamén sen nengún problema a unha morea de comelláns tipo Zapatero (lo bien que estaba yo en Canarias), Rubalcaba (chupando cámara diante do logo da Xunta), Touriño (na sua versión "Torito" ahora solo me le hablo en castellano), Rajoy (me doy un paseo por los montes no es el momento pero meto caña), o própio Feijoo (me le apago unos fuegos sin despeinarme)... menos Quintana e Suarez Canal poucos se salvan... ah, non me lembraba do exército facendo surcos para a foto de Zapatero... pois tamen prá foto... e tamén os que misturan lume e idioma todos pra o saco: pedro-jota-calvorota e o seu panfleto "ErMundo", la Raázon, el Abecé zapatito quieto es, Jimenez el facha y su Libertá Digital, o gracioso de "ce ce oo oo" Alfredo Urdaci... e demais morralla.

Suevo dixit.

Eu se son sincero, só salvaba entre os políticos a Suárez Canal. Semella ser o que máis traballa e menos fala. Nin fai poses para fotos como outros políticos (tamén entre os que gobernan Galiza)

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña