Superpiñeiro non, SUPER-PEREIRO
Non sei se comentei nalgunha ocasión que traballo de tarde-noite polo que ando algo desconectado do que ocorre no mundo, pero hoxe entre tanta merda: israel-palestina-libano, os inmigrantes do pesqueiro en malta, o tsunami en java, irak, afganistan, a política estatal, etc... leveime unha alegria ao escoitar pola rádio que oscar pereiro volve ser lider do tour de francia e agora ten moita mellor pinta a cousa que o outro dia. A ver se o tema segue así e se converte no primeiro galego en gaña-lo tour (que tempos aqueles os de Alvaro Pino).
Como din os "regionalistas": Galicia Calidade... eu prefiro dicir: GALIZA POWER!!!
Actualización: Magoa, non pudo ser, pero un segundo posto tampouco está nada mal... NORABOA PEREIRO.
Como din os "regionalistas": Galicia Calidade... eu prefiro dicir: GALIZA POWER!!!
Actualización: Magoa, non pudo ser, pero un segundo posto tampouco está nada mal... NORABOA PEREIRO.