Bochorno, calor e treboadas
Mi madriña que calor vai... a 1:50 da noite e o termómetro do meu despacho marca 26,5 graos.
Xa sei que isto non é un ascensor pero hoxe teño que falar do tempo. Cando me metín no coche ás cinco da tarde (na Coruña) o display marcaba 41 graos! si, xa sei que esas cousas esaxeran e levaba moito tempo ao sol, pero cando o rio soa... ao cuarto de hora gran treboada e duas horas despois nas Neves (Concello da Capela) unha pedazo de granizada... e ao vir de volta sobre as 23:30 pola autoestrada parecia o princípio da guerra dos mundos... lóstregos todo o camiño.
Recoñezo que ando un pouco flipao co tempo, pero isto non é normal, polo menos aquí... será polo cambio climático ou porque toca pero non é normal.
PD: A imaxe é "en diferido" pero reflexa a miña "experiencia vital" vindo de volta.
Actualización: Fotos da tormenta de onte á noite na Coruña > A Voz de Galicia | Dende os Rosales