Linguas cruzadas: A lingua vaise a pique?
Un dos mellores documentais sobre a situación do galego que vin na televisión, xa choveu dende que o emitiron pero por se queda alguén que non o viu, aí vai, paga a pena.
Somos herdeiros dunha dictadura cultural
Fomos as victimas dun ataque brutal contra o noso
A lingua mantivemo-la calandolle ao cacique
Falando ao pe do lume só a lingua vaise ao pique
Pois toma!
escoitanos!
non nos calaremos nin de broma
toma toma toma!
Dios ke te krew, en galego non che mola
é-che o que hai, Paco Vázquez eres un julai
Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sangenjo, Vivero, La Guardia,
Ordenes, Boimuerto, PuertoSin, PuertoSon,
dime cantos son, son, 1, 2, 3, 4, 5, 600 anos de represion
Contra o noso, a lingua vaise a pique
dime cantos son, son, pois toma
Non vira este documental, acabo de velo agora, enteiriño, e está realmente ben, como ti dis reflexa fielmente a situación actual do galego.
Sen embargo, tamén hei decir que o feito de que apareza o campus da USC pode levar a equívocos, a pensar que en tódalas universidades galegas se potencia tanto a nosa lingua, e podo asegurar que no Campus de Ferrol a situación é moi distinta. Eu falo galego, sempre, e doume por contenta porque conseguín que un coruñés empezase a falar galego despois de me coñecer, pero soamente o conseguín cunha persoa...
É unha pena pero a situación da nosa lingua debémola á nosa historia.
Saúdos.
Escrito por Anónimo ás 12/6/07 18:26
Boísima a documental máis vista do blogomillo e boísimos os Dios Ke Te Crew (con "C"... os do "K" que veu Manolo Rivas deixan bastante que desexar... hehehe).
Eu, a diferenza de Saletheia, non falo galego sempre... é mais, tendo a falar máis castelán que galego porque me movo en círculos moi heteroxéneos en canto a nacionalidades. E eu non conseguín facer que a alguén dese en falar galego así porque si... senón que conseguín cambiar moitas mentalidades por medio da sorna; como cando a miña tía dicía que non vía ben que as clases da universidade fosen en galego porque ven xente de fóra... e eu díxenlle: "Pois si, tes toda a razón do mundo... eu estou até os collóns de que os fodidos ingleses falen inglés... e cando vas a Madrid, todos esos radicais que non fan máis que faler castelán... e se vas a Roma todos veña a falar italiano coma borregos nacionalistas... e os putos portugueses, emperrenchados en falar portugués".
É amosandolle á xente que certos xeitos de pensar son ridículos e rozan o delirio cando comezan non a tomar conciencia, senón a decatarse de que hai unha realidade existente e é de parvos negala.
Escrito por Anónimo ás 18/6/07 18:47