« Inicio | Atopar caretos con Google Images » | Google Maps vs Virtual Earth » | Sinais curiosas: Area Recreativa » | Asubiando » | Cancións míticas: Menea el bullarengue » | Municipais07: Vai de cú o BNG? » | Municipais07: Decidindo o voto » | Publicidade Surrealista » | Smoking Room » | Guararey, Guararey, Guararey... »  

2007-06-10 

Linguas cruzadas: A lingua vaise a pique?

Un dos mellores documentais sobre a situación do galego que vin na televisión, xa choveu dende que o emitiron pero por se queda alguén que non o viu, aí vai, paga a pena.





Somos herdeiros dunha dictadura cultural
Fomos as victimas dun ataque brutal contra o noso
A lingua mantivemo-la calandolle ao cacique
Falando ao pe do lume só a lingua vaise ao pique

Pois toma!
escoitanos!
non nos calaremos nin de broma
toma toma toma!
Dios ke te krew, en galego non che mola
é-che o que hai, Paco Vázquez eres un julai

Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sangenjo, Vivero, La Guardia,
Ordenes, Boimuerto, PuertoSin, PuertoSon,
dime cantos son, son, 1, 2, 3, 4, 5, 600 anos de represion

Contra o noso, a lingua vaise a pique
dime cantos son, son, pois toma

Etiquetas: , , ,

Non vira este documental, acabo de velo agora, enteiriño, e está realmente ben, como ti dis reflexa fielmente a situación actual do galego.
Sen embargo, tamén hei decir que o feito de que apareza o campus da USC pode levar a equívocos, a pensar que en tódalas universidades galegas se potencia tanto a nosa lingua, e podo asegurar que no Campus de Ferrol a situación é moi distinta. Eu falo galego, sempre, e doume por contenta porque conseguín que un coruñés empezase a falar galego despois de me coñecer, pero soamente o conseguín cunha persoa...
É unha pena pero a situación da nosa lingua debémola á nosa historia.
Saúdos.

Boísima a documental máis vista do blogomillo e boísimos os Dios Ke Te Crew (con "C"... os do "K" que veu Manolo Rivas deixan bastante que desexar... hehehe).

Eu, a diferenza de Saletheia, non falo galego sempre... é mais, tendo a falar máis castelán que galego porque me movo en círculos moi heteroxéneos en canto a nacionalidades. E eu non conseguín facer que a alguén dese en falar galego así porque si... senón que conseguín cambiar moitas mentalidades por medio da sorna; como cando a miña tía dicía que non vía ben que as clases da universidade fosen en galego porque ven xente de fóra... e eu díxenlle: "Pois si, tes toda a razón do mundo... eu estou até os collóns de que os fodidos ingleses falen inglés... e cando vas a Madrid, todos esos radicais que non fan máis que faler castelán... e se vas a Roma todos veña a falar italiano coma borregos nacionalistas... e os putos portugueses, emperrenchados en falar portugués".

É amosandolle á xente que certos xeitos de pensar son ridículos e rozan o delirio cando comezan non a tomar conciencia, senón a decatarse de que hai unha realidade existente e é de parvos negala.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña