Atopar caretos con Google Images
Vía Chuza (graciñas Berto) descubro unha nova utilidade no buscador de imaxes de google: Se queremos atopar caretos de xente e non fotografias varias supostamente relacionadas coa persoa, existe un pequeno truco --> engadir "&imgtype=face" á URL que devolve google images, aparecendo só fotos "tipo carné" nos resultados da busca.
Para facilitar a cousas tamén descubro via Chuza (graciñas Andrés), un script para Greasemonkey (extensión de Firefox) que introduce unha nova lista desplegable na interface da web de google images dende a que podemos seleccionar a opción "Faces" pra filtrar a busca a caretos relacionados co nome introducido.
Por exemplo: fotografias de Don Manuel I de Galicia V de las Vascongadas :)

Ten delito!

Relacionado:

- Extensión Greasemonkey para Firefox
- Script "Google Image Type Recognition" para Greasemonkey (debemos ter previamente instalada a extensión Greasemonkey no Firefox)
Etiquetas: cousas curiosas, google, informática, internet
A min iso de image,face,Url ... pois concordo contigo porque non teño nin idea .... agora o da foto de Fraga vestido de príncipe é moito ... cos anos converteuse nun sapo e agora so falta que alguén lle de un bico.
Escrito por
Toño Randeeira ás 7/6/07 18:31