« Inicio | Malos tempos para Breogán » | Cancións míticas: Nighttrain » | Ya es navidad... en el corte inglés » | Clase d'asturianu » | Seica chove » | A Historia escríbena os vencedores » | Servizos mínimos » | Cancións míticas: Besolla » | O mundo do "Copiar e Pegar" » | Castañas caseiras »  

2006-12-11 

Borat

BORAT

Retomo o blog despois dunha longa (e aburrida, no meu caso) ponte, dando por finalizada a miña semana "di rascamiento di ovos".

Neste post número 150 (xa choveu dende o primeiro) vou facerlle un pouco a competencia aos de cinemafriki e vou recomendar unha película tipo documental chamada "Borat".

Partindo da base de que a algúns (ou moitos) lles parecerá unha auténtica merda, eu, amante do politicamente incorrecto, recomendoa por iso mesmo, por ser unha película rara de tipo documental totalmente incorrecta que non deixa a ningúen contento. Cun humor ácedo, incluso diria que maleducado, o mesmo paisano de Ali G, "disfrazado" de periodista-paleto kazajo, despotrica contra a sociedade neo-conservadora americana (e occidental en xeral), os seus prexuizos e o seu racismo inherente, parodia a homofobia dunha forma brutal e métese descaradamente contra o antisemitismo (ou é contra as ideas preconcebidas que temos dos xudeus?)

Na miña opinión, unha mágnifica cutre-película que compre ver con sentido do humor e sen prexuizos; no caso contrario, non creo que se poda aguantar mais de 5 minutos.

Non sei se seguirá en carteleira pero sempre podemos tirar da muliña e vela "a lo screener"

Etiquetas:

Endiola, como se parece a min. Non digo fisicamente senon no magnetismo que ten para atraer ás mulleres.

Uff, tanto exceso de loiras, non che sei.

Desgraciadamente na película non aparece ningunha desas cachondiñas :(
A escena mais "subida de tono" digamos que é bastante "peluda".

pois xa hai que telos ben postos para poñer ese artiluxio de taparabos

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña