Borat
Retomo o blog despois dunha longa (e aburrida, no meu caso) ponte, dando por finalizada a miña semana "di rascamiento di ovos".
Neste post número 150 (xa choveu dende o primeiro) vou facerlle un pouco a competencia aos de cinemafriki e vou recomendar unha película tipo documental chamada "Borat".
Partindo da base de que a algúns (ou moitos) lles parecerá unha auténtica merda, eu, amante do politicamente incorrecto, recomendoa por iso mesmo, por ser unha película rara de tipo documental totalmente incorrecta que non deixa a ningúen contento. Cun humor ácedo, incluso diria que maleducado, o mesmo paisano de Ali G, "disfrazado" de periodista-paleto kazajo, despotrica contra a sociedade neo-conservadora americana (e occidental en xeral), os seus prexuizos e o seu racismo inherente, parodia a homofobia dunha forma brutal e métese descaradamente contra o antisemitismo (ou é contra as ideas preconcebidas que temos dos xudeus?)
Na miña opinión, unha mágnifica cutre-película que compre ver con sentido do humor e sen prexuizos; no caso contrario, non creo que se poda aguantar mais de 5 minutos.
Non sei se seguirá en carteleira pero sempre podemos tirar da muliña e vela "a lo screener"
Etiquetas: películas
Endiola, como se parece a min. Non digo fisicamente senon no magnetismo que ten para atraer ás mulleres.
Escrito por Anónimo ás 11/12/06 20:09
Uff, tanto exceso de loiras, non che sei.
Escrito por Xosé Manuel Carreira ás 12/12/06 11:28
Desgraciadamente na película non aparece ningunha desas cachondiñas :(
A escena mais "subida de tono" digamos que é bastante "peluda".
Escrito por Suevo ás 12/12/06 12:29
pois xa hai que telos ben postos para poñer ese artiluxio de taparabos
Escrito por xOsedorrio ás 12/12/06 18:12