Me muestre sus líquidos, coño!
Inda que hai quen pode matar coa colónia (ou pola ausencia desta) paréceme unha pasada o que están a facer co tema dos líquidos nos aeroportos, que non me digan que é por seguridade, a iso se lle chama "matar moscas a cañonazos". Entón por qué non facer controis nos trens, ou nos buses, ou no metro, ou no tranvía da Coruña :D... penso que os únicos que saen gañando son as tendas dos aeroportos e os fabricantes de bolsas transparentes.
Supoño que outro líquido perigoso será a gomina, din que o uso continuado desta "mata" o pelo, e falando de pelo: hai uns dias, escoitei na rádio que nesta epoca (outono) é moi habitual que caia o pelo por non sei que historias do vrao, do cambio das temperaturas, etc... Tamén dician que o problema non era que caese o pelo, o problema era que non volvese a medrar. Eu grazas a dios (frase feita :) ata o de agora non teño ese problema, canas moitas e entradas tamén, pero pelo ainda hai.
FIN da historieta.
Eu penso que para acabar xa coa paranoia da seguridade na aviación civil o que teñen que facer é prohibir directamente os avións.
Por suposto refíremo á aviación comercial, os que temos jet privado poderíamos continuar a sucar os ceos xa que non supoñemos ningún perigo por ter todos feito a primeira comuñón.
Escrito por Anónimo ás 8/11/06 11:46
Eu estou apuntado á colección por fascículos "Contruya su propio Jet Privado", penso que a mediados do 2030 terei rematado o meu propio jet. Co número un viña de regalo a caixa negra e un suplemento de "como face-lo amor no retrete do avión".
Por certo, como se che da o de aparca-lo avión en batería? o malo vai ser que como non teño praza de garaxe, terei que deixa-lo avión en dobre fila mentres non atope onde aparcar :DDDDDDDDDD
Escrito por Suevo ás 8/11/06 14:30
Pois a noticia freak do dia ligada con isto foi a do home que detiveron por levar unha pistola pintada na camisola que levaba, nun aeroporto...creo que a lin en 20minutos...
Escrito por Anónimo ás 8/11/06 15:24
así os que temos fóbia natural aos avións temos excusa... que non hai mal que por ben non veña, :)
Escrito por moucho branco ás 8/11/06 15:48
o próximo será subir todos aos avións con roupa transparente... xa veríades que xoldra.
BLOG AND ROLL
Escrito por xOsedorrio ás 8/11/06 16:40
Suevo que aquí, non é coña, ó carón da miña casa facían un avión para vender en Kit, chamábase Toxo e agora creo que se marcharon para Zaragoza.
Escrito por Anónimo ás 8/11/06 20:18
Creo-cho ben randeeira, velaí está: http://www.aviacionulm.com/toxo.html
Escrito por Suevo ás 9/11/06 15:20