Efecto "Marquesito"
Estes últimos dias sufrín o denominado efecto "marquesito", de ter unha media de visitas de 150 páxinas cargadas / 80 visitantes distintos, pasei a 10500/4500 o xoves e 6250/2500 o venres! Ata me ligaron dende un portal de noticias (do xornal "El Observador"?) uruguaio!
Por algunha estraña razón, volveu estar de moda o tema do video do marqués da ensenada para o resto dos mortais, sendo un tema xa moi vello para os que navegamos por internet habitualmente.
Isto me leva a reflexionar sobre a división que se está a crear na sociedade entre os "interneteiros" e os seguidores de medios de comunicación tradicionais (radio, televisión, periódicos). Moitas novas existentes na web, saltan a televisión moitísimo tempo despois, cando xa é un tema mais que desfasado neste mundo.
Peor aún es el efecto barrapunto...
Escrito por Telcarion ás 4/11/06 17:41
O el menéame.
Escrito por Anónimo ás 4/11/06 22:31
Dicen que el mas brutal es el efecto yonkis.
Escrito por Suevo ás 5/11/06 01:13
Como non entendo nada do que contas por aí arriba so dúas cousas:
- Hai moitas noticias que saltan á tv e a prensa salídas da rede.
- Cándo pasa algo así non tiña que vir a SGAE e o Bautista a protexer a comunidade internauta.
- Eu realmente metínme a blogueiro para a ver si podía vivir desto e deixar o traballo.
- E domingo pola mañá e iso notase no meu cerebro.
- Efectivamente non son dúas cousas senón catro.
- Quero decir, cinco.
Escrito por Anónimo ás 5/11/06 11:17
bueno, eu coma sempre nestas materias coincido con randeeira na miña ignorancia; non teño nin idea de cantas persoas visitan o meu blogue nin sei onde se mira, :S
...que se lle vai facer.
un saúdo.
Escrito por moucho branco ás 5/11/06 14:17
Randeeira: Drink water my friend :D
Moucho, hai moitos contadores gratuitos. Podes probar con statcounter ou google analytics. So tes que darte de alta, dar a dirección do teu blog e meter o código que che dan na plantilla.
Escrito por Suevo ás 5/11/06 21:29
...pois igual probo, grazas pola información,
Escrito por moucho branco ás 6/11/06 14:05
Pois meu blogue xa pasou o efecto barrapunto, o menéame, o efecto microsiervos... e sobreviviu a todos (cicais grazas a Cdmon.com) ;) O efecto yonkis eu creo que é brutal, direino o día que o sufra jejeje
Escrito por Anónimo ás 8/11/06 15:24