Carbon pra os políticos
Mentres facia as labouras do fogar, escoito no programa da SER "Vivir na coruña" presentado por Juan Fernán (presentador neutro tipo suiza, hai que mollarse un pouco!!!) unha entrevista a presidenta da "Asociación Vecinal Anticarbón y Medioambiental" (creo) sobre o tema do carbon no porto da Coruña... falaban sobre a penosa situación que se vive nos Castros que non poden ter unha ventá aberta porque se mete todo o "polvillo", xente con problemas pulmonares, etc... O que me chamou a atención foi cando a señora dixo que non querian ningún partido político na asociación porque só ian polos votos.
É triste pero é asi, gústame a política pero a experiencia me dí que a os partidos políticos so lles interesan os votos, e despois de conseguilos pasan do probema en cuestión, sexa cal sexa a formación política... a frase feita de que "todolos políticos son iguais" ten moito de certa.
Como dí o refrán "prometer hasta meter y despues de haber metido adios a lo prometido".
PD: Fixeron algo o PSOE e o BNG co tema do "voto emigrante non estatal" dos fillos e netos de galegos que nunca pisaron Galicia? moito protestar que é unha chapuza pero que eu saiba todo segue igual. Os galegos do resto do estado (Canarias, Baleares...) si que o teñen claro... non poden votar.