« Inicio | Tódolos santos que non Halloween » | 300 entradas!!! » | [Martxunis] Yves La Rock - Rise Up » | Credipollas » | Parvulín Tecleo » | El peor dia de mi vida » | Santa paciencia (II): El puto cuadro de texto de l... » | Aduaneros, me le borran a Yolanda del bló, hostias! » | Un xesto pra Rajoy » | Viciando, de nuevo »  

2007-11-02 

O extraño meme das oito cousas

Nunca vin un meme (algo así como a cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os 8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:

1- A chegada dos romanos: 137 a.C, incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"

2- O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia. Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon Prisciliano

3- A chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438)

4- A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (Dona Tareixa) e do conde galego Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.

5- As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

6- Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a doma e castración do Reino de Galicia

7- O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.

8- Castelao: pai do nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do Estatuto de Autonomía do 36


E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]

Etiquetas: , ,

Fantástico meme, eu moi posiblemente poria tamén os mesmos fitos ao facer un resumo da história de Galiza, sobor de todo parécenme moi decisivos a chegada romana, o foedus cós suevos, os irmandiños e a figura do irmán Daniel...

un saúdo

Estou bastante dacordo co teu racconto. A coña é que eu tamén che encasquetei o meme, anque cheguei aí tarde, polo visto, :D
Encantoume saber que utilizas a miña lista do lastfm, actualiceina un pouco, que xa andaba medio acartonada, :)
Un saúdo.

Por certo, e falando deste tema, non sei se coñecedes a serie que pasan pola T.V.G. tódolos domingos a iso das dez da noite, ou dez menos algo, HISTORIA DE GALICIA, eu levo véndoa xa dende hai semanas, onte falaron das revoltas irmandiñas e de Castelao, no seguinte supoño que tocarán o máis recente, o xérmolo do nacionalismo galego e a política actual porque debe estar xa rematando, paga a pena mirala e supoño que a poderedes baixar có ares ou calqueira programa destes.

un saúdo.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña