Xa falei del aló polo mes de outubro do ano pasado,
deronno pola galega este último
dia da patria (e non o puiden ver) pero onte recibín por mail un
chivatazo que me avisaba de que xa esta dispoñibel en Google Video (despois de buscalo como un desesperado logo de q'o botaran pola tele).
O documental está guapísimo, boísimo, moi ben feito de verdade... paga moitísimo a pena velo, unha horiña que se fai curta, aí vos queda, disfrutádeo:
Documental de Rubén Pardiñas emitido pola Televisión de Galicia o 25 de xullo do 2007. "Fronteiras" é un documental sobre os límites xeográficos e culturais de Galicia, centrado en como os perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido por terras do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e outros enclaves de características semellantes. "Fronteiras" quer pór de relevo o feito de que as fronteiras culturais non coinciden necesariamente coas fronteiras político-administrativas.