Un ano de diario dum suevo
Hoxe este blog cumpre un ano de existencia, gostariame facer unha entrada coma a do moucho no seu post nº100 pero non estou moi falangueiro, onte despediuse un dos meus blogs favoritos do blogomillo: A Randeeira. Non é o primeiro que vexo caer neste ano, hai algo mais dun mes tamén o fixo outro dos meus destacados, a Caixa do Mendinho.
En fin, por aquí seguiremos mentres a ilusión acompañe, haxa inspiración e quede algún visitante. Polo momento o conseguido supera todalas miñas espectativas: Mais de 70000 visitas (páxinas cargadas, moitas delas probablemente miñas), 223 entradas (224 con esta) e unha morea de xente que coñecín inda que sexa virtualmente grazas ao blog.
Moitas grazas aos que comentades ou simplesmente ledes o diario por facer que siga coa ilusión de botarlle de vez en cando algunha parrafada. Como se di nestes casos: D'hoxe nun ano!
En fin, por aquí seguiremos mentres a ilusión acompañe, haxa inspiración e quede algún visitante. Polo momento o conseguido supera todalas miñas espectativas: Mais de 70000 visitas (páxinas cargadas, moitas delas probablemente miñas), 223 entradas (224 con esta) e unha morea de xente que coñecín inda que sexa virtualmente grazas ao blog.
Moitas grazas aos que comentades ou simplesmente ledes o diario por facer que siga coa ilusión de botarlle de vez en cando algunha parrafada. Como se di nestes casos: D'hoxe nun ano!
Etiquetas: autobombo, Blogomillo, cousas miñas
Parabéns e que cumpras moito máis.
Deixei o blog pero non teño pensado deixar de darche o tostón.
Escrito por Anónimo ás 15/5/07 17:40
Japiverdetullu, e que cumplas moitos mais. Salú.
Escrito por Suso Lista ás 15/5/07 18:58
¡Enhorabuena!
Escrito por Valadrem ás 15/5/07 19:04
Noraboa!
Agora a seguir así! :P
Escrito por Anónimo ás 15/5/07 22:30
E eu seguirei por aquí agardando os teus comentarios, randeeira :)
Moitas gracias a todos.
Suso, tiven un alumno (de Corme) que tiña o teu blog coma referente para facer o seu, andas a crear escola!
Iarrovawo, lendo o teu blog andas a me meter ideas "organizativas" no cerebro, primeiro o libro "Organízate con eficacia" e agora un caderno "Moleskine" deses :)
Por cierto, Valadrem, estoy desarrollando un pequeño engendro con javascript+css para poder meter entradas bilingües en el blog, a ver como queda.
Escrito por Suevo ás 16/5/07 01:28
PD: Se vos gusta o letreiro coas luceciñas e demais, podedes face-lo voso acó: http://www.notcelebrity.co.uk
Escrito por Suevo ás 16/5/07 01:31
Parabéns!!! Espero ke sigas durante moito tempo máis.
Eu non levo un ano leendo o teu blog pero si ke podo dicirche ke agora é un dos meus favoritos.
A seguir así!!
Escrito por Anónimo ás 16/5/07 02:57
Parabens meu!, que saibas que o "Diario dum Suevo" está na miña pestaña de "marcadores" do Firefox, (paso de Explorer) e que non pasa un dia que non chegue ó choio que non me de unha volta por acó cando acendo o ordenaor para ler algunha das túas parrafadas... Que sexa por moito tempo!
Escrito por Trasancos ás 16/5/07 19:02
Parabéns polo 1º aniversario, a ver se son moitos anos máis... Sorte.
Escrito por Alberte ás 17/5/07 00:00
Parabens. Sigue dándolle así un non, moitos anos máis.
Escrito por Anónimo ás 17/5/07 21:47
Me faltó poco para llegar a tiempo a la fiesta de tu cumple :).
Te regalaré un libro que me gustaría que todo el mundo leyera "Ulysses " de Joyce (la descarga es desde Biblioteca Digital )...hasta le dediqué un post por ver si captaba adeptos ...XD.
Besos... que haya ilusión muchos años más.
Escrito por nieves ás 21/5/07 09:43
E dilo publicando unha triste entrada? Así non vale Suevo!! Hai que facer unha festa caralluda nunha macrodiscoteque con gogós e todo!! ;)
Iso se me convidas claro... senón tanto me ten... XD
Escrito por Anónimo ás 21/5/07 18:20
Suso, foi unha entrada escrita nun estado algo depresivo debido á despedida de Randeeira, pero...
pra celebralo "me construiré mi propio módulo lunar, con casinos y furcias, es mas paso de la nave lunar y de los casinos, al cuerno todo!" :DDDDDDD
Graciñas de novo a todos, o blogomillo segue adiante inda que tivera baixas importantes
Escrito por Suevo ás 21/5/07 21:04
Vaia, sei que chego mooooi tarde, pero ainda así parabéns polo aniversario. Penso que é a primeira vez que deixo un comentario pero visítote con frecuencia.
Un saúdo e a seguir posteando.
Escrito por Anónimo ás 22/5/07 11:13
pois xa estás nos meus favoritos, o blogue góstame e seguirei pasando por el de cando en vez, eu tamén agardo non aburrirme e seguir có meu un tempo máis..saúdos.
Escrito por Anónimo ás 9/7/07 21:24