« Inicio | Municipais07: Carteis electorais » | Euromicción » | "Dueling Banjos" en "Family Guy" » | Cuestionario Proust » | Joost: Televisión por internet » | Map my name (por onde andas?) » | Fin de semana longa » | Problemas de seguridade en servizos gratuitos » | 300 (Versión PP) » | Na Galiza en Galego, na Galiza .ÇOM »  

2007-05-15 

Un ano de diario dum suevo

Hoxe este blog cumpre un ano de existencia, gostariame facer unha entrada coma a do moucho no seu post nº100 pero non estou moi falangueiro, onte despediuse un dos meus blogs favoritos do blogomillo: A Randeeira. Non é o primeiro que vexo caer neste ano, hai algo mais dun mes tamén o fixo outro dos meus destacados, a Caixa do Mendinho.

En fin, por aquí seguiremos mentres a ilusión acompañe, haxa inspiración e quede algún visitante. Polo momento o conseguido supera todalas miñas espectativas: Mais de 70000 visitas (páxinas cargadas, moitas delas probablemente miñas), 223 entradas (224 con esta) e unha morea de xente que coñecín inda que sexa virtualmente grazas ao blog.

Moitas grazas aos que comentades ou simplesmente ledes o diario por facer que siga coa ilusión de botarlle de vez en cando algunha parrafada. Como se di nestes casos: D'hoxe nun ano!

Etiquetas: , ,

Parabéns e que cumpras moito máis.
Deixei o blog pero non teño pensado deixar de darche o tostón.

Japiverdetullu, e que cumplas moitos mais. Salú.

¡Enhorabuena!

Noraboa!

Agora a seguir así! :P

E eu seguirei por aquí agardando os teus comentarios, randeeira :)

Moitas gracias a todos.

Suso, tiven un alumno (de Corme) que tiña o teu blog coma referente para facer o seu, andas a crear escola!

Iarrovawo, lendo o teu blog andas a me meter ideas "organizativas" no cerebro, primeiro o libro "Organízate con eficacia" e agora un caderno "Moleskine" deses :)

Por cierto, Valadrem, estoy desarrollando un pequeño engendro con javascript+css para poder meter entradas bilingües en el blog, a ver como queda.

PD: Se vos gusta o letreiro coas luceciñas e demais, podedes face-lo voso acó: http://www.notcelebrity.co.uk

Parabéns!!! Espero ke sigas durante moito tempo máis.
Eu non levo un ano leendo o teu blog pero si ke podo dicirche ke agora é un dos meus favoritos.
A seguir así!!

Parabens meu!, que saibas que o "Diario dum Suevo" está na miña pestaña de "marcadores" do Firefox, (paso de Explorer) e que non pasa un dia que non chegue ó choio que non me de unha volta por acó cando acendo o ordenaor para ler algunha das túas parrafadas... Que sexa por moito tempo!

Parabéns polo 1º aniversario, a ver se son moitos anos máis... Sorte.

Parabens. Sigue dándolle así un non, moitos anos máis.

Me faltó poco para llegar a tiempo a la fiesta de tu cumple :).
Te regalaré un libro que me gustaría que todo el mundo leyera "Ulysses " de Joyce (la descarga es desde Biblioteca Digital )...hasta le dediqué un post por ver si captaba adeptos ...XD.
Besos... que haya ilusión muchos años más.

E dilo publicando unha triste entrada? Así non vale Suevo!! Hai que facer unha festa caralluda nunha macrodiscoteque con gogós e todo!! ;)

Iso se me convidas claro... senón tanto me ten... XD

Suso, foi unha entrada escrita nun estado algo depresivo debido á despedida de Randeeira, pero...
pra celebralo "me construiré mi propio módulo lunar, con casinos y furcias, es mas paso de la nave lunar y de los casinos, al cuerno todo!" :DDDDDDD

Graciñas de novo a todos, o blogomillo segue adiante inda que tivera baixas importantes

Vaia, sei que chego mooooi tarde, pero ainda así parabéns polo aniversario. Penso que é a primeira vez que deixo un comentario pero visítote con frecuencia.
Un saúdo e a seguir posteando.

pois xa estás nos meus favoritos, o blogue góstame e seguirei pasando por el de cando en vez, eu tamén agardo non aburrirme e seguir có meu un tempo máis..saúdos.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña