Ventos, eólicos e merda de luz
Hoxe deben andar os eólicos a botar fume con tanto vento.
Inda así, 500 metros embaixo a luz das casas sigue a ser unha merda.
Agardemos que non poñan destes en Pena Trevinca.
Etiquetas: cousas miñas, Críticas, fotos
Etiquetas: cousas miñas, Críticas, fotos
Non creo eu moito na ecoloxía destes aparellos que enchen de pistas os montes, espantan ós animais, son a demostración de que o feísmo vai tamén ligado a tecnoloxía, so son rendíbeis sen subvencións, etc.
Coincidimos no tema.
Escrito por Anónimo ás 7/3/07 16:51
quería dicir CON subvencións
Escrito por Anónimo ás 7/3/07 16:52
Home, creo que valen para turrar contra eles vestido de cavaleiro andante... todo será probar...
Escrito por moucho branco ás 7/3/07 16:53
Por non falar das interferencias nas sinais de televisión e do ruido e das luciñas vermellas pola noite
Escrito por Anónimo ás 8/3/07 12:43
As luciñas vermellas do anterior comentario son as que teñen os eólicos seica para que non se espeten os avións, non outras tamén habituais no pais.:)
Escrito por Anónimo ás 8/3/07 12:45
Concordo coa raandeira. No único que notei eu a presenza destes trastos foi no ben que se apañan para estragar a paisaxe da costa de Lugo.
Escrito por O pastor eléctrico ás 10/3/07 13:42
Ainda así, mailos ruidos, a sua antiestética, o seu prexuizo os montes e os animais que os habitan, e preferible a outras formas de producir enerxía.
¿Que me decides das nuves de fume que proceden de As Pontes? ¿ou das presas que truncan o leito dos nosos ríos? O que pasa e que xa estamos acostumados a esas aldraxes a natureza porque na maioría dos casos xa estan ahí antes ca moitos de nos.
A outra alternativa e non pagar o recibo de fenosa nunca mais... todo sexa pola natureza.
Escrito por xOsedorrio ás 11/3/07 13:47
Doulle un pouco a razón a xosse, a enerxia eólica ten as suas cousas malas pero tamén é unha enerxia limpa.
Pouca cousa teria en contra se non fose porque achantan eólicos como se fosen eucaliptos (outra das nosas marabillas paisaxísticas) pero toda a enerxia vai pra fora e aquí quedamos igual que estabamos cunha electricidade de merda sen repercutir ningún beneficio na zona. So se enriquecen catro caciques con cartos que previamente mercaran eses terreos aos propietarios tradicionais por catro pesos.
Vamos, o de sempre, que somos unha colonia enerxética.
Escrito por Suevo ás 11/3/07 21:30