Os cempés
Este sábado saín da miña ultimamente habitual auto-enclaustración pra ir ver un concerto dos cempés aló polas terras de San Sadurniño. Inda que non sexan dos meus grupos folk preferidos hai que recoñecer que velos en directo é criminal, sobre todo se acompaña o licor café ou algún incienso en estado fumeante 8D. Mágoa que anunciaran hai tempo a sua retirada.
Entre as cancións que tocaron destaco estas duas:
Sara Sariña
e a versión que fan da Carolina
OPAÍ!!!!!
Etiquetas: cousas miñas, música
Que non marchen!!... para unha cousa boa que tiñamos en Ferrol!!...
Vou botar de menos eses concertos festeiro-rachados ata o límite!!. Para min son, sen dúbida, o mellor grupo folc-festeiro de toda Galiza.
Que se lle vai facer?... esperemos que so sexa algo temporal e volten pronto a dar máis guerra.
Escrito por Trasancos ás 5/3/07 01:35
Un dos mellores grupos folk da Galiza, levan a festa alá por onde van! Mágoa ke non continuen un poukinho máis. Por certo, alguén sabe novas fechas de concertos??
Escrito por Anónimo ás 5/3/07 15:21
Grandes, grandes, o outro día un colega e eu aínda fomos cantando pola rúa a dos percebeiros de Cedeira (que a min os paus non me doen...). Unha mágoa que marchen.
Escrito por Mario ás 6/3/07 22:12