« Inicio | Leia mais! » | Desaparecín do Google » | Ono va a comprar R » | Como se ducha unha muller e un home » | Grândola, Vila Morena » | Cámaras ocultas » | Eres mas lento... » | Traslado forzoso » | Autobombo: Ascendendo no blogomillo » | Suposto "éxito" do apagón »  

2007-02-20 

Todo segue igual



Todo segue igual, non cambiou nada, xa pode gobernar quen sexa que aquí ninguén ten collóns pra tomar decisións que non lle gusten a cidadania (exceito campañas antitabaco, antialcool,...) ou ao señor diñeiro (aseguradoras, armadoras...)

Parece que a carga non é perigosa, pero como se o fora, ian intentar escaquearse do problema igual, non vaia ser que perdan votos ou que se cabreen as aseguradoras dos barcos.

Aquí ninguén aprende nada, xa pode haber un presitige cada 10 anos que é-che o mesmo, ninguén se molla e toma decisións.

O barco a dar voltas, alonxamolo da costa por iso de que non lle toque outra vez á costa da morte e haberia moito jaleo se o metemos nalgunha ria; a cousa se complica, pois tiramos prá mariña que igual aló deixan metelo nalgún porto, pero tampouco; fondeamos e mareamo-la perdiz mentres negociamos cos donos do barco.

Onde están eses portos de abrigo (aceptamos "punta langosteira" coma porto de abrigo? dame a risa). Un goberno ten que tomar decisións inda que sexa impopulares, se hai que meter un barco nun porto ou fondealo nunha ria, faise e punto. Despois non temos ningún problema en construir unha perigosa planta de gas en metade da ria de Ferrol, ai amigo pero aí hai cartos por medio. Manda carallo.

Etiquetas: , ,

Eu sempre foi pesimista neste aspecto, creo que a próxima vez que aconteza algo verdadeiramente catastrófico nas nosas costas (non é o caso), seguiremos sen estar preparados e sen ter unhas autoridades competentes...

Fai tempo que simpatizo co anarquismo. Considero lóxicas estas simpatías. Para que queremos un goberno e uns poíticos se son uns incompetentes e pasan de todo agás de encher os petos?
O pobo pode e sabe organizarse, senón mirade o que pasou cando foi o do Prestige.
Como non solucionen este tema, xa vexo a todos os labradores da Mariña asaltando o buque na busca do 15-15, ou ao mellor non. Se fora noutros lares pasaba seguro

Concordo com esse pensamento e sobretodo co da planta de Reganosa... suponho que será um plano pra eliminar de jeito físico Ferrol porque espiritualmente já o têm feito. E nom se salva nemgúm partido!!!

Abração

Eu pregúntome: onde están eses barcos tan caros que a Xunta dixera que ía mercar para casos coma este?
A xente de mar este tipo de cousas fainos perder (se cadra máis) a confianza na clase política.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña