« Inicio | Como se ducha unha muller e un home » | Grândola, Vila Morena » | Cámaras ocultas » | Eres mas lento... » | Traslado forzoso » | Autobombo: Ascendendo no blogomillo » | Suposto "éxito" do apagón » | Orujo, orujo... » | Perdendo o tempo » | A perigosa vida dun administrador de redes »  

2007-02-15 

Ono va a comprar R

ono

Así mesmo dixo a comercial agresiva de ONO que pasou hoxe pola miña casa: "Ono va a comprar R". A verdade é que teñen uns prezos bastante competitivos pero non me fio moito dos seus servizos baseados na "liña de cobre" de Telefónica (non teñen cableado en Galicia) como me confirmou ela mesmo. Comparar cable de cobre con fibra óptica é como comparar un seiscentos revolucionado cun mercedes a ralentí; o primeiro non da pra mais e o segundo cando lle dea a gana pode abri-la billa canto queira.

Polo momento estou bastante contento con R (a non ser pola elevada factura) e, non sei, serei un paleto nacionalista pero prefiro que me estafe unha empresa galega que non unha de fora.

Etiquetas:

Fíate ti dos comerciais... Eu estou contigo, prefiro os servizos de R (a calidade é infinitamente superior) aos de Telefónica. De gastar, gastar no novo e no daquí, non no vello e de fóra.

Eu tamén tenho R (dende fai 3 meses) e por agora non tenho queixa.Todo vai de maravilla, incluida a minha conta corrente.
Hai ke apostar polas empresas da patria, ke dentro de pouko non será galego nin o likorkafé

A min xa fai uns anos chegaron-me pola casa uns comerciais de R ofrecéndome os servizos da operadora, dixen que si e aínda hoxe estou a agardar.

Comparar fibra optica e cobre e de broma.

Iso si, que R coa sua fibra optica non sexa capaz de ofrecer mais velocidade que o cobre si que é un broma, pero unha broma de mal gusto.

Telefónica está ofrecendo co seu cobre, en moitos lugares, 20 Megas de velocidade ¿e R? Que fai R coa sua fibra. O que fai e abusar da paciencia dos seus clientes e ofrecer as mesmas velocidades que o cobre e os mesmos prezos.

Hay moitos anos que R debería estar ofrende mais dos 20 Megas.

Eu tiven R e son dos que perdín a paciencia na espera das maravillas da fibra óptica. Pra que quero un mercedes si total non podo pasar de 50 Km/hora ¿? Prefiro o seiscentos.

Xosse, claro que R pode ofrecer moito mais do que da, pero a sua estratexia de mercado seguramente sexa ir subindo pouco a pouco. Eu comecei cunha conexion de 2Mb, logo subironma a 4Mb e dende hai unhas semanas teño 6Mb polo mesmo prezo. Preferiria que baixaran o prezo e seguir coa de 2Mb pero supoño que non lles interesará. Por moita compentencia que haxa seguimos a pagar as conexións de banda ancha a prezo de ouro.

Falando dos "20Mb a ver si te enteras" haberia que ver cal é o ancho de banda real que ofrecen e a calidade do servizo.

Randeeira, non se perderian e andaran dando voltas por algunha pista da mariña lucense? :)

E por suposto, non me creo que ONO merque R

Deus nos libre de Ono, a empresa de telefonía fixa con máis reclamacións.

Bufff, e aver que fan co tema do galego, porque R era unha das poucas empresas cun certo compromiso coa lingua (e a única que encargou un estudo de mercado para decidir se facía as comunicacións en galego ou en castelán, e gañou o galego por goleada).

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña