« Inicio | Ono va a comprar R » | Como se ducha unha muller e un home » | Grândola, Vila Morena » | Cámaras ocultas » | Eres mas lento... » | Traslado forzoso » | Autobombo: Ascendendo no blogomillo » | Suposto "éxito" do apagón » | Orujo, orujo... » | Perdendo o tempo »  

2007-02-18 

Desaparecín do Google

Missing

Desaparecín do Google, non sei que pasou pero non existe ningunha ligazón directa ao blog dende Google, só referencias indirectas a listas de blogs ou webs nas que aparece este blog como Blogaliza, Blogalego, Blogalaxia ou similares.

Antes se buscaba "suevo" no Google aparecian varias referencias ao blog na primeira páxina de resultados, tamén tiña algunha entrada do blog posicionada na primeira páxina do google como por exemplo ao procurar por "Lujan Argüelles" (aparecia en 1º lugar por riba do artigo da wikipedia) ou por "Desmadre en el marquesito" entre outras, pero agora nada, borraronme do mapa, non aparezo nin tan sequera no buscador de blogs do google (polo que o botón de busca que teño no blog non atopa nada) e non entendo porqué.

Poderia botarlle a culpa ao paso a Blogger Ex-beta ou a unha hipotética vinganza de google por quita-la barra de Blogger do meu blog, ou a unha man negra que non queria que aparecese como primeiro resultado algunha entrada do blog, non cho sei, o caso e que xa non estou.

A efectos prácticos espero seguir tendo aos lectores habituais que xa coñecedes o diario, pero verase reducido o número de persoas que entran no chiringo de casualidade e, quen sabe, igual algunha gustaba del.

PD: Como curiosidade, saber que lle podedes suxerir a google que engada o voso blog ou páxina web dende esta dirección: http://www.google.es/intl/es/addurl.html

Etiquetas: , , , ,

Eles controlan todo, saben o que ves, o que escribes. Non lles gustas.

Primeiro o teu blog, despois...

xDD

Por se che serve de algo.
O meu google e bloger há dous ou três dia andava tolo: Não podia publicar, nem acceder a minhas contas de correio...
Cuido que é porque andam na lea essa de mudar de Beta-que não sei que é- para outro sistema-que tampouco sei que é-.
Agora, desde há dous dias, vai coma a seda.
Espera um par de dias, a ver que passa.
Eu também pensei o mesmo que iarrowawo, agravado com paranoia, mas não havia tal. Só problemas técnicos, suposso.

polo que a min respecta son experto niso de: " e isto porqué carallo mudou"... así que mal consello podo dar, :)

Imos por partes.
- Pagaches o recibo deste mes para saír no gugel?

en caso negativo, corre cunha maleta (tipo empresario da construción) cargada de billetes de 500 (existen?) e tes garantida a volta o sistema.

Pode influír negativamente as amistades en rede. Non permitas que individuos da miña calaña fagan comentarios aquí con liberdade ou acabarás fichado e colocado no eixo do mal.

No Yahoo se escribo Suevo saes de 1º.

A maquinaria Google contrataca, non dirías nada malo deles?
Prova a editar as palabras de referencia no título da plantilla HTML.
De todos xeitos pode ser que volvas aparecer, ultimamente google anda a revisar os seus programas e pode que volvas a aparecer sen máis.

Ola a todos.

Podo tomar o asunto de duas formas diferentes:

- Pensar en que é algún tipo de problema temporal polo cambio a blogger ex-beta ou algun efecto colateral motivado por cambios internos en Google, ou...

- Tomar unha actitude "paranoide" e pensar nalgun ente malvado que mandou eliminar as referencias de google ao blog para evitar que aparezan determinados resultados nalgunhas procuras de google.

Nin de coña penso que sexa tan importante para que alguén pense en silenciar á miña opinión sobre determinados temas limitando as entradas a través de Google, polo que pensarei nun erro interno que afectou ao blog indirectamente.

É curioso que no buscador de blogs de Google aparezan varios blogs ciberokupados por min: Diario de proba do Suevo, Diario de un Godo ou o Horribilis Blogae pero non o "auténtico e xenuino diário" :)

Pois eu puxen "suevo blog" e saian moitas das tuas laretadas.

Claro que a min pásame cada carallada con esto da rede que parezo un pescantín....

Pues sí que es verdad que te echaba de menos en el buscador del "googol"...cuando posteé la foto de Chicago,de nuestro común amigo Scott ,pues me di cuenta de que no aparecía tu post sobre la foto de Sydney.: /... a saber ... yo últimamente les noté cambios de una hora para otra en lo que te encontrabas escribiendo exactamente lo mismo en el buscador..así que paciencia...
Es probable que de un momento a otro inventen la figura del censor.. y nos manden a la ******... a los non gratos.Un saludo

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña