
Cando cheguei á Coruña hai xa mais dunha década, unha das cousas que mais me chamou a atención foi a case nula poboación de etnia xitana en comparanza co número de individuos desta raza existentes en Ferrol.
Velaí unha posíbel explicación desta diferenza numérica
relacionada coa construcción do Arsenal a mediados do século XVIII (fonte:
La voz de Galicia - Edición Ferrol - 14/1/2007)
Trasvases poboacionais dende Cádiz para rebaixar a tensión que vivía a praza andaluza
Ao
ministro Ensenada, fiel executor da política antixitana de
Fernando VI que dictou a Real Orde de 30 de xullo de 1749, ocorréuselle utilizar parte dos homes de raza xitana detidos como alternativa aos reximentos. Así, foron arrestados uns 9.000 entre homes, mulleres e rapaces. Os homes e nenos con máis de sete anos foron apartados e distribuídos entre os arsenais peninsulares, aínda que a Coroa deu rápidamente marcha atrás ante as protestas xurdidas dos xustizas locais. Aínda así houbo un aporte de man de obra xitana en
Ferrol que foi destinada ás tarefas máis duras. Procedían de
Cádiz e o seu envío ao norte rebaixou a tensión que vivía a praza andaluza ante o número desmesurado de
poboación romaní detida. Tense constancia de que en 1752 chegaron dende o porto de Cádiz 543 xitanos, máis outros 139 vagos e dous desterrados.
Alfredo Martín sostén que todo este conxunto de datos comprobados deixa en entredito «a imaxe idílica» dese período (a Ilustración) na historia de Ferrol, ao contrario, están documentados os altercados que se producían nas romarías entre a poboación local e estes traballadores enviados en levas, refregas entre bascos e galegos ou entre soldados estranxeiros e residentes