Dichosos Blogs (II)
Grazas ao cabreo monumental de xOsse, descubrín via Chuza unhas viñetas sobre o blogomillo/blogosfera moi boas:
Ollo coa nota:
PD: Hai que tomalo con humor e rirse dun mesmo ;)
Ollo coa nota:
PD: Hai que tomalo con humor e rirse dun mesmo ;)
Xa mo dicía miña nai: corta o pelo neno, mira que es raro.
Escrito por Anónimo ás 11/11/06 09:30
As viñetas do Xoves si on arte, creativas e orixinais. En canto as de 20 minutos, pois bueno, tería máis gracia si se referisen os seus propios lectores como "desocupados, funcionarios e xente absurda en xeneral" que facelo dos lectores de outros. Iso si sería ter sentido do humor.
BLOG AND ROLL
Escrito por xOsedorrio ás 11/11/06 11:57
Xosse, tes razón en que se pasaron un pouco xeralizando dese xeito aos lectores de blogs, e tamén noto dende hai un tempo moito queime dende os medios de comunicación tradicionais aos blogs e aos blogeiros pero hai que aplicar iso de "a palabras necias oidos sordos"
Randeeira, cambiando de tema, vaia ritmo de publicación que levas no teu blog!!!
Escrito por Suevo ás 11/11/06 14:19
eu creo que é lóxico... internet está a democratizar a información, alonxándoa dos grupos mediáticos tradicionais. Cada vez vemos menos a televisión, vemos menos os seus anuncios, lemos menos os seus xornais... simplesmente buscamos a información na rede e trasmitímola polo mesmo medio, o cal a deixa fora do control do sistema mediático que tardaron décadas en construir. Hai certo interese en que durante o maior tempo que sexa posible o intercambio de opinión e información en internet sexa visto como "exótico" ou "freak", porque segue habendo unha importante franxa de povoación, sobretodo a certas idades, que só segue recibindo información a través das canles comunicacionais de masas tradicionais.
Escrito por moucho branco ás 11/11/06 14:28
Comparto a reflexión do Moucho ó 101%. Internet sempre nos fará un pouco máis libres e nos permitira pensar por nos mesmos sen ter que aceptar como único o pensamento que transmiten os medios tradicionais.
Sobre a outra cuestión, simplemente sinalar que podo estar tanto pola internet porque (aínda que esto non se coñece) son o fillo secreto de Amancio Ortega polo que teño un boa pensión e un equipo de "negros" escudriñando pola rede.
Escrito por Anónimo ás 12/11/06 20:09