« Inicio | "De mayor quiero ser..." » | O transcorrer do tempo » | Competencia desleal » | Mal dia » | Anima as tuas fotos » | Asco de cocina » | Bodas/Vodas "tipo" » | Madrugando sen motivo » | O tamaño si importa: Adeus Plutón » | E o VHS fíxose AVI »  

2006-09-08 

El Uno

Estes de gran hermano sempre igual, sempre intentando facer cousas novas e todo lles sae mal... teño que recuperar a miña sección "no me cae bien" pra falar de Mercedes Milá.

A cuestión é que este ano pra escoller a última persoa que entraba na "casa" montaron un sorteucho tipo "loteria nacional" coas suas unidades, decenas... pero cando chegaron as centenas houbo un erro e a merche e unha nova presentadora voz de paquete viron un 1 donde habia un 7 (ollo a cachondiña do telecupón que como é profesional do tema recoñece o número e murmulla que é un 7).



Mais información sobre o tema na hora d.
Seica os de Telecinco déronse conta do fallo (ou era moi gordo e non habia forma de tapalo) e andan a procura do número agraciado, o 733

PD: Xa houbo un "espabilao" ou ciberokupa que mercou o dominio granhermano.com pra facer os seus negocietes, telecinco hai que andar mais rápido!

PD2: Chego un pouco tarde, xa ven a nova ata na voz

PD3: Como se nota que non teño nada interesante que contar

Iso pasa por empregar o 1 latino en lugar do americano, que non ten capuchón.

A pícara das bolas non se enganou é culpa da outra que non lavou ben as orellas.

Por certo a ver se recuperas a sección "no me cae bien". Seguro que hai moitos candidatos para ocupar tan honrosa lista (non me refería a min)

A culpa é da fonte de "pau seco" ou Sans Serif que utilizaron e da cegata da Milá e da outra que berraba, a rapaciña do "bingo-exin" no ten culpa, fixádevos na cara que pon cando as outras din que é un 1.

Tamén poderian usar números romanos ou palotes :)

Con palotes non ían entender ren, pero como lles puxeras números romanos ía ser a hostia.

Pois eu onte nun xogo de cartas tentei cambiar o 1 por un 7 e non colou... xD

Por se alguén chega aquí preguntando que pasou coa suposta gañadora do pseudo-sorteo de nome Romina en interviu ten a resposta, e sí os rumores eran certos, foi yonki pero xa rehabilitada, pero non debia de casar coa imaxe do programa e chimpárona fóra. Entón, digo eu, para que carallo fan sorteos así se despois non lle vale quen sae gañador?

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña