« Inicio | Promocionando o Linux: Ubuntu » | SMS's by Google » | El hecho diferencial de la Nasal Palatal » | No me cae bien: Fernando Alonso » | Manu Chao: Rainin in Paradize » | Por fin!!! [Flickr] » | A pantalla azul de Windows » | O Buscaminas de Windows » | Linguas cruzadas: A lingua vaise a pique? » | Atopar caretos con Google Images »  

2007-06-20 

Cousas da lingua: Tan Gallego como el Gallego



Os meus pais (e todolos meus ancestros) son galego-falantes (coma os da maoiria da poboación que supera os 25 anos) pero a min aprenderonme a falar en castelán, son a maior parte do tempo castelán-falante, pero o galego non me é algo extraño, sempre estivo aí e sempre tiven inquietude polo tema da lingua, ao meu xeito intento potenciar o galego utilizando todo servizo posíbel neste idioma: facturas, webs, documentación, etc...

De cativo pasaba case todolas fins de semanas e periodos de vacacións na aldea da miña nai ou do meu pai nun ambiente 100% galego-falante. Ao chegar á cidade o galego pasaba a un segundo plano.

Un día, vendo como xogaban os maiores á petanca un señor (emigrante en Bilbao) preguntounos á miña irmá mais a min: E vós sendo galegos por qué non falades en galego? non souben que dicirlle, a miña irmá dixo iso tan típico de que estaba proibido na época de Franco, etc... (tamén estaba proíbido en Cataluña e a xente seguiu e sigue falando en catalán con orgullo)

Outro dia, o profesor de galego (de apelido basco) fixo unha pregunta (aló polo 1985): por qué 2 persoas que falan en galego ao atoparse pola rua falan en castelán entre elas?... cando cheguei a casa pregunteillo a miña nai. "Por vergüenza" dixo. Non mo crín é ao dia seguinte cando o profesor pediu respostas non dixen nada, foi outro compañeiro quen respondeu e o profesor confirmou o dito pola miña nai.

Non son un integrista da lingua, se me falan en galego procuro contestar en galego, se me falan en castelán respondo en castelán pero estou orgulloso das miñas orixes, da miña cultura, da miña lingua sen menospreciar ao castelán (que tamén é meu).

Dame pena ver como os meus afillados, galego-falantes desque naceron, van falando cada vez mais en castelán, vilas que antes eran galego-falantes maioritariamente van incrementando dia a dia o número de mozos castelán-falantes.

Ultimamente escoito moitas burradas no meu entorno co tema da lingua: "ahora le quieren llamar -casa dos peixes-", "a mi no interesa la página web en gallego", "si es A Coruña por que no es San Iago" ¿¿??... sempre intento comentar nas clases que temos a posibilidade de ver a Wikipedia en galego, que a web de La Voz de Galicia tamén está disponibel en galego através dun traductor incorporado, que ao conxunto de blogues en galego se lle chama "blogomillo", que existen listas de blogs en galego en Blogaliza, Blogalego, Alianzo... resumindo que existe tamén unha Internet en galego, que podemos traballar cun ordenador en galego.

Por todo iso, non entendo á xente que di que é "tan gallego", "tan gallego como", "tan gallego como el gallego" atacando, menospreciando, soterrando á sua propia lingua, á sua propia cultura, dicindo logo que "se sienten discriminados".

Como queremos que non mexen por nós, se somos nós mesmos os que apuntamos pra riba?

Relacionado:
- Cousas da Lingua (II)
- Reflexións sobre a Lingua
- Proposta de Google Bombing
- Sucesso do Google Bomb do Gazpacho

Etiquetas: , ,

Esto é o denominado auto-odio, unha enfermidade q levamos padecendo moitos anos, pero eu queria dicir q os únicos culpables somos NOS.

Polo visto ti e mais eu partimos da mesma situazón e seguimo-lo mesmo camiño ;)

Non desesperes, Suevo, ós teus afillados pode pasarlle o mesmo que a min, na casa sempre me falaron galego, no colexio falei castelán, pero no instituto retomei a nosa lingua co firme propósito de non cambiala xamais, e falo o galego que me ensinaron na casa, non o normativo, e síntome orgullosa.

Por outro lado, hei confesar en que cada día me costa máis falar castelán, ata o punto en que non son quén de falar en castelán nin sequera cos erasmus...

I é ben certo que a xente maior de Ferrol me mira de maneira estraña, debe ser ese tipo de xente quen mata a nosa lingua.

Saudos.

Xa o dician os aduaneiros: Auto-ódio fora da Galiza

Saletheia, como ferrolán sei ben que Ferrol é un dos lugares onde mais difícil é escoitar a unha persoa moza falar en galego; moito falan da Coruña pero é moitísimo mais fácil escoitar galego que en Ferrol

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña