« Inicio | Publicidade Surrealista » | Smoking Room » | Guararey, Guararey, Guararey... » | Publicidade Creativa » | Un ano de diario dum suevo » | Municipais07: Carteis electorais » | Euromicción » | "Dueling Banjos" en "Family Guy" » | Cuestionario Proust » | Joost: Televisión por internet »  

2007-05-24 

Municipais07: Decidindo o voto

pensando

Por primeira vez na miña vida non teño moi claro a quen votar nestas eleccións, nin sequera se vou votar. Até o d'agora sempre votei aos mesmos, inda que recoñezo que nalgunha ocasión teño votado a estoutros, pero entre que non teño nin puta idea de quen é o paisano este e que realmente xa non vivo na cidade na que estou censado pois non che sei que vou facer.

Descartando de entrada ao PP, ao pseudo-PG (penso que non se presenta en Ferrol), a IF (inda que o Juan Fernández é un dos poucos coherentes coas suas ideas) e ao PSdG/PSOE co seu candidato surfeiro, teño que decidir entre a opción por descarte (PVBE) ou a cachondiña de EU (sei duns cantos que van votala só por iso), non sei, igual dame o punto e voto a TG.

Como comentou Andrés Milleiro hai uns dias, eu tamén son dos que bota en falta un partido nacionalista de centro-dereita no país; o BNG non pode (e non deberia) agrupar todo o voto nacionalista.

Por certo, na Coruña teria-o claro: o único partido de esquerdas que existe -> Bloque

Etiquetas: ,

Seguro ke o gorila fai moita máis xornada de reflexión ke algunha xente da Galiza!
Polo menos ten actitude de reflexionar o seu voto, e non esperar ke lle ponhan a papeleta co sobre na man e ke acarrexen o seu voto ata a urna.

Si, o Juán Fernández outra cousa non será, pero coherente coas súas ideas... (o problema creo que son as ideas en si).

A ver, Juán Fernández é consecuente com a sua carteira. Yolanda... tem pouco de cachondita, vamos, se ponho o listom baixo entom pode chegar à categoria de "pra um apanho". Terra Galega... nom sei mui bem de que vai e isso que tenho congéneres aí metidos. Eu ao fim votei aos de sempre... por nom variar. Simplesmente como umha afirmaçom da minha ideia de país incluindo em el algo que em Ferrol cada vez está mais botado a perder... o meu idioma. Ainda que depois de escuitar ao candidato pola rádio... nom sei eu se falará galego de jeito habitual.

Bom, o dito, que já temos alcalde surfeiro... vamos! fartar-nos de mar hahahaha

Saudos!

O gustavo harvey

Ainda que non coincidamos coas suas ideas non me negaredes que Juan Fernández leva non sei cantos anos dicindo o mesmo.

Home Harvey! un reconto de votos facia-se-lle ben á señorita Díaz :DDDD

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña