Sobre inmobiliarias cutres e caseiros chapuzas
Cada vez que vou á inmobiliaria e vexo ao tipo corrixir os recibos con "tipex" e máquina de escribir lembro a frase que dixo no seu dia o meu pedazo de caseiro (alias pocholo, por iso de que non se lle entende nin con subtítulos):
"Esta inmobiliaria es buenísima, tienen ordenador y todo"
Etiquetas: cousas miñas
Bueno, en moitos sitios hai ordenador pero fai as mesmas función cas dunha máquina de escribir.
Escrito por Anónimo ás 19/4/07 08:06
E noutros tantos nin iso randeeira
Escrito por Suevo ás 20/4/07 17:02
buah, eu vin hai uns días, buscando trangalladas no rocho da casa dos meus avós, unha máquina de escribir e flipei máis que cos aperos de labranza e todo ese pequeno museo que alí hai... xa se podería dicir que son pezas de museo, non si?
Escrito por Anónimo ás 20/4/07 19:27