« Inicio | Orujo, orujo... » | Perdendo o tempo » | A perigosa vida dun administrador de redes » | Posíbel orixe dos xitanos de Ferrol? » | Caixeiras » | Pseudo-partido anti-galeguista (II) » | Galeguista???? » | Malas prácticas en los premios 20minutos » | Ana Maria Rios ("A galega de cancún") » | Cancións míticas: Bombtrack »  

2007-02-02 

Suposto "éxito" do apagón

Ciudad_Artes_Ciencias_Valencia_siguio_convocatoria_apagon_1955_2000_horas_promovida_Alianza

Moito lin hoxe sobre o suposto apagón d'onte, moitas fotografias nos xornais e supoño que tamén moitas crónicas sobre o acontecemento nas televisións e radios.

Din que foi un éxito pero en realidade non creo que fora tal, seica só houbo unha baixada do consumo do 2,5% e quitando monumentos e algún edificio oficial polo demais pouco apagón houbo (vese perfectamente na fotografía); cobertura mediática toda a posíbel pero apagón real pouco.

Están moi ben estas iniciativas pero supoño que antes temos que estar concienciados sobre o problema do consumo insostíbel de enerxia.

Estou de acordo contigo. O éxito ven de que estas iniciativas axudan a concienciar un pouco ó persoal sobre o perigo que entraña o cambio climático. O suposto aforro en cinco minutos calculado en euros supón pouco máis de 7.000.

Para mín o importante destas iniciativas é ke crean conciencia e son unha boa práctica pedagóxica para os nenos. Pero este apagón non vai ser o ke salve o planeta.Isto é un feito anecdótico e podese dicir ke cuase-festivo.
Por certo, din ke se seguiu máis o apagón en Espanha ke en Francia (país de onde xurdiu a iniciativa).

Eu tamén estou de acordo con estas iniciativas, pode que non sexan efectivas a nivel práctico, pero polo menos conseguen que falemos delas e removen algunha conciencia. Pola miña parte, eu pechei o estudio onde traballo e desconectei todo durante eses cinco minutos. Non sei se removín a conciencia de alguén, pero non quixen perder a oportunidade de facelo.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña