Posíbel orixe dos xitanos de Ferrol?
Cando cheguei á Coruña hai xa mais dunha década, unha das cousas que mais me chamou a atención foi a case nula poboación de etnia xitana en comparanza co número de individuos desta raza existentes en Ferrol.
Velaí unha posíbel explicación desta diferenza numérica relacionada coa construcción do Arsenal a mediados do século XVIII (fonte: La voz de Galicia - Edición Ferrol - 14/1/2007)
Trasvases poboacionais dende Cádiz para rebaixar a tensión que vivía a praza andaluza
Ao ministro Ensenada, fiel executor da política antixitana de Fernando VI que dictou a Real Orde de 30 de xullo de 1749, ocorréuselle utilizar parte dos homes de raza xitana detidos como alternativa aos reximentos. Así, foron arrestados uns 9.000 entre homes, mulleres e rapaces. Os homes e nenos con máis de sete anos foron apartados e distribuídos entre os arsenais peninsulares, aínda que a Coroa deu rápidamente marcha atrás ante as protestas xurdidas dos xustizas locais. Aínda así houbo un aporte de man de obra xitana en Ferrol que foi destinada ás tarefas máis duras. Procedían de Cádiz e o seu envío ao norte rebaixou a tensión que vivía a praza andaluza ante o número desmesurado de poboación romaní detida. Tense constancia de que en 1752 chegaron dende o porto de Cádiz 543 xitanos, máis outros 139 vagos e dous desterrados.Alfredo Martín sostén que todo este conxunto de datos comprobados deixa en entredito «a imaxe idílica» dese período (a Ilustración) na historia de Ferrol, ao contrario, están documentados os altercados que se producían nas romarías entre a poboación local e estes traballadores enviados en levas, refregas entre bascos e galegos ou entre soldados estranxeiros e residentes
Iso explicaría en parte porque os xitanos doutras zonas do país son galegofalantes (hai moitos máis dos que parece) e os de Ferrol non. Curiosa foto, por Cataluña poñen a bandeira xitana (que ten no medio a roda dun carro).
Escrito por Mario ás 23/1/07 08:17
pois pola mariña de Lugo temos bastante poboación xitana pero é totalmente axena o uso do noso idioma
Escrito por Anónimo ás 23/1/07 11:47
bueno, eu nunca oín un xitano falando galego... e a verdade é que gustarí, pero polo menos pola Coruña adiante non escoitei un só.
Escrito por moucho branco ás 23/1/07 14:14
Home, algunha vez teño escoitado falar en galego a algún xitano non me lembro onde, pero en moi contadas ocasións; que tamén pode ser foran xitanos portugueses e me parecese que falaban en galego (da Galiza :)
Respeito á foto, si que é curiosa, si :)
Escrito por Suevo ás 23/1/07 14:31
En canto ós xitanos galegofalantes, non son un mito inventado por Suevo, hehe. Se vos pasades por Compostela eu véxoos con moita frecuencia preto da Praza de Vigo botando unhas parrafadas na lingua do país.
Escrito por Anónimo ás 26/1/07 17:55
Suso, o mito dos xítanos galego-falantes correspondelle a Mario :)
So queda por dicir iso de... habelos hainos :DDD
Escrito por Suevo ás 26/1/07 19:44
Ben, é que eu traballei unha temporada en Salgueiriños e sorprendía moito a cantidade deles que había. E mesmo había outros que aínda falando español entre eles contestábanche en galego se llo falabas, que xa quixeran moitas familias ben de lacoru ter tanta educación. Por certo tamén os teño visto polo sur, pero o que falaban non era portugués (ou se era era un portugués da mesma raia, onde non se distingue o sotaque).
Escrito por Mario ás 28/1/07 02:47