« Inicio | Cancións míticas: Besolla » | O mundo do "Copiar e Pegar" » | Castañas caseiras » | Tal como eramos » | No soporto a: Mercedes Milá [La "merche"] » | Hipocresia política ou como funciona a cousa » | Un blogoadicto... » | McAfee: The Movie » | Dichosos Blogs (II) » | Dichosos Blogs »  

2006-11-24 

Servizos mínimos

servizos minimos

Moita xente pecha o seu blog por vacacións (cousa que non entendo moito), eu o fago por exceso de traballo, pero como isto é un servizo público (que farian entón o Randeeira e o Moucho sen poder comentar a miña sección musical) estou na obriga de ofrecer uns SERVIZOS MÍNIMOS sempre e cando non veña o sindicato galego do blogomillo ou algún piquete "informativo" a pechar o blog pola forza :D

Durante unha tempada, andarei por aquí pero en xornada reducida, respeitando os horarios obrigados por lei.

Veña, un saudo aos que siguen aí dalle que te pego publicando a esgallo.

No se xoga coas cousas de comer. O blogomillo non é ningunha democracia é unha dictadura pura e dura que non deixa fuxir a ningún elemento e moito menos nunha época histórica.
Fora bromas, se o traballo te require pois... dille que se fastidie e que ti pensas vivir do blog dentro de pouco (século máis ou menos).
Pola túa sogra, non nos abandoes!!

Como que servicios mínimos?.... pero non o eran xa?...jajaja.... Agora en serio, mira que eu comentar non comento moito, pero non hai dia que non faga unha (ou varias) visitas polo Diario dum Suevo.... vaise facer de menos. Ummmm, para cando ese café que temos pendente?... a ver se te convenzo polo menos para facer uns "servizos medios"... polo ben de todos nos!!

Fóra do Blogomillo estivo ben o que fixo Nacho Escolar, que encargou a outros blogueiros amigos que publicasen no seu blog mentres estivo de vacacións/viaxe (ou sexa, sen acceso á Rede). O que pasa é que iso é difícil de aplicar a un blogue persoal no que só publica unha persoa.
De tódolos xeitos, con relaxar a periodicidade de posteo non debería pasar nada, ¿non? ¿A alguén lle caen brocas cando non publica nada nun par de días?

se é extrictamente necesario está ben, pero non te descoides!, ;D

Que non cunda o pánico :) penso que nun par de semanas a situación será controlábel e poderei escribir as miñas paranoias mentais con algo mais de tempo. De todolos xeitos sempre queda o fin de semana para facer un resumo dos "mellores" momentos.

O último sueviciano permanecerá en activo mentres Blogger e R o permitan.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña