Hipocresia política ou como funciona a cousa
Guinea Ecuatorial é un pequeno país centro-africano que foi unha antiga colónia española na época na que se lle deu as potencias europeas por repartirse África e España, que daquela xa de potencia tiña pouco, aproveitou que ainda lle quedaban por aí unhas parceliñas fortificadas e non imos ser menos que os demais e xa temos colónia.
O tema é que estes dias anda de visita polos madriles o presidente do país (Teodoro Obiang), un "probe" dictadoriño deses que ten o pobo na miséria, a xente encarcerada e amasa fortunas nas suas contas suizas. Ten a sorte de que se atoparan nas suas (nunca mellor dito) augas territoriais inmensas bolsas de petroleo, e aquí está o "quid" da cuestión.
Como somos moi democráticos non nos poden ver co personaxe en cuestión, calficamos a visita como de oficial "a medias" e "despachamos" publicamente o asunto en 5 minutos (tanto o governo coma a oposición), pero ollo, logo pechamo-la porta e fumando uns puros falamos sobre o negociete do petroleo a ver se lle cae algo ás nosas empresas petroleiras.
Así é como funciona a política internacional non só do Estado Español, senon de calqueira estado do mundo. Se nos interesa pechamos os ollos e pómos a man; que non interesa, que malo é que ten a poboación oprimida, que se é un réxime anti-democrático, que se armas de destrucción masiva, etc...
Supoño que farian o mesmo por aí co "caudillo por la gracia de dios" cando saía polo mundo adiante a facer algún negocio (se se atrevía).
PD: Atopei as 100 pesetas guineanas nunha interesante web sobre a antiga Guinea Española.
O outro día, no canal Historia, estaban botando un interesante documental sobre a descolonización española, tanto no Rift, coma en Guinea, coma no Sahara.
Despois de ver o documental quedoume claro, algunha idea preconcebida xa tiña, que a culpa dos problemas actuais deses paises foi da nosa clase política do tardofranquismo e da ¿transición?. No apartado de Guinea saía un xove Fraga apoiando a Obiáng.
Cousas da vida
www.engalego.esp.st
Escrito por Anónimo ás 16/11/06 11:07
E un verdadeiro dilema, dende logo, o trato que se lle debe dar a ésta clase de mandatarios (mais aínda si se trata dunha ex colonia). Si non lle abres as portas e os tes aislados no seu país fanse mais represores, pero se os recibes dalgunha maneira aprobas o seu réxime.
O caso de Guinea e ainda mais lamentable pois a riqueza xenerada polo petroleo non se ve reflexada no pobo - que pasa miseria - memtres o xefe de estado amasa unha das fortunas mais grandes do mundo (a oitava sgún forbes).
Unha anécdota que oín onte. Cando foron os atentados do 11 de Setembro o Presidente de EEUU chamou a consulta a 10 mandatarios de outros países, entre eles o de Guinea.
Aos EEUU non lles importa o réxime político de ningún estado (nin sequera agora que tanto falan de extender a democracia por por Oriente). Onde hai petroleo teñen amigos e senon conflicto.
Escrito por xOsedorrio ás 16/11/06 11:12
Poderoso señor é don Repsol... e se falla Evo Morales e mellor ir a buscar un reposto.
Escrito por Anónimo ás 16/11/06 14:22
aquí encantan os ditadores vendepatrias, hai que agocharse un poucos nas fotos e xa esta...
Escrito por moucho branco ás 16/11/06 16:46