« Inicio | Round 1... Fight! » | Chistes de Google » | Cancións míticas: Eagle Fly Free » | Google merca YouTube » | Cancións Míticas: Powerslave » | Sobre bandeirolos que caen » | San Froilán » | Publicidade agresiva » | Por fin: La 3ª Temporada » | Unha grande de rachí »  

2006-10-16 

Mentres cociñaba...

Muller mais horreo

"Pensamentos, reflexións e outros temas": Hoxe toca "pensamento" no diario do Suevo.

Onte, mentres lles botaba sal ás patacas, pensei na miña aldea cando facian a matanza (do porco, claro :) e salgaban a carne que se conservaria durante meses na hucha.

Por ser fillo da inmigración interior (do campo á cidade) vivín as duas culturas ou sociedades existentes na Galiza, a "urbanita" mais a "rural" pasando case todolos fins de semana e vacacións na aldea da miña nai ou na do meu pai; e por ser da quinta do 75 penso que son das últimas xeracións que viviron unha serie de costumes e tradicións que prácticamente morreron e non existen actualmente: a esfolla do mainzo/millo, as mallas (ainda que mais ben participara brincando polos palleiros que facian os homes), a matanza do porco, a sega, vin ainda carros tirados por vacas, acompañei a buscar xestas e brañas ao monte, etc...

Algunha vez teño comentado con algún componente do grupo alpendre, que moitas persoas que temos un forte sentimento de galeguidade, vennos provocado por estar en contacto coa Galiza tradicional; sabemos de onde vimos, cousa que non saben moitos "urbanitas" ao que todo o anterior lles resulta alleo ou directamente o desprecian.

Non sei se haberá algún refrán apropiado, pero penso que para saber cara a onde vas, precisas saber antes de onde ves.

Eu por nacer, nacín no rural... pero agora xa non sei onde vivo. É o que ten vivir na Mariña de Lugo, non é urbanita nin tradicinal, senon todo o contrario.

Boa resposta :)
A separación entre cidades/vilas/rural cada vez ten menos sentido.

Eu nacín e vivín toda a vida na cidade, por non ter non tiven nin aldea, porque até onde eu sei, a miña família é desas extrañas que leva varias xeracións na cidade... o meu bisavó era un xastre pobre coma as ratas da rúa panaderas... pero ao asunto; estou dacordo en que a día de hoxe non hai grande diferéncia, anque falando con amigos/as que veñen viver dende povos pequenos, sociolóxicamente aínda hai diferencias importantes.

un saúdo.

Pois si que é raro si. Seguro que tedes fotos antigas da Coruña que pagaria a pena ver, se é así anímate a publicar algunha :)

Eu "cidadán da Galiza", ferrolán de primeira xeración de nacemento e polo momento coruñés de adopción.

en realidade hai algúnha típica foto de famía na que non se pode apreciar demasiado a cidade, os meus avós non empezaron a facer fotografías até princípios dos 50´, desa época sí que teño unhas cantas, terei que escanealas... se alguén me deixa porque aínda non teño escaner...
O que mais que nada me encantou sempre era o de pasear co meu avó entre o treito que vai do orzán ao castelo de San Antón oíndo mil historias sobre como era todo aquelo na posguerra, a vida, as xentes, a própria cidade... é incríbel como dexenerou todo isto, xa apenas se recoñece a cidade histórica entre yatch clube e paseos... pero non me enroio mais, que esa é outra historia...

Eu sonche da quinta do '78 e comparto esa sensación túa de sentirme "o último mohicano", da última xeración que viviu nunha Galicia que perdurou durante séculos e que, en lugar de actualizala, directamente matámola.

F.Miguez, diches no cravo, esa é a sensación, a de ser "o último mohicano". Debemos de ser un par de románticos no sentido clásico da palabra :)

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña