Hai 5 anos
Normalmente non teño nin zorra idea do que fixen unha semana antes (por iso da demencia senil) pero lembro perfeitamente o 11 de setembro de hai 5 anos: Traballaba eu daquela a media xornada pola mañá e despois de comer tireime no sofá pra ve-las novas (sobre ás 3) en A3 e a primeira imaxe que vin foi a dunha das torres xemelgas queimandose, quedei flipado pero mais cando aos poucos minutos e en directo vin un avión que se aproximaba e batia contra a outra torre... estiven ata as 5 ou por ahí vendo a televisión ate que cansei de ver repeticións, logo fun mercar un lector de DVD (SCSI, que andaba eu ben de cartos daquela) e despois á praia cun colega e a comentar a xogada igual ca todo o mundo que estaba por aló (non habia moita xente a esas horas). E iso é todo, 5 anos pasaron xa.
eu viña de ler o día anterior unha reportaxe na revista "Newton" sobre os edificios mais altos do mundo no que se falaba das torres, e ao día seguinte vin coma se derrubaban por TV... paradoxas...
saúdos.
Escrito por moucho branco ás 11/9/06 18:16