About this week
Por temas persoais (véxase: traballo) non teño moito tempo de publicar no blog, pero vou facer un resumo do que me chamou a atención esta semana:
Saudos!
- Lendo o xornal mentres tomo un café, o luns vexo: "Terminados en Castilla los primeros 80 kilómetros del AVE a Galicia"... moi ben penso, cando rematen (ja ja :) os meus fillos poderán emigrar á velocidade do cubata a Madrid, ir mercar a IKEA en plan sibarita ou ve-los partidos do Madrid no mesmo Bernabeu... pero seguiremos tendo un tren de merda pra desprazarnos de Coruña a Ferrol ou Lugo ou Ourense, e un tren de "semi-merda" pra a rota "Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo"... mentalidade "colonial"!!!
- Canta xente con mentalidade palluza no país: un mata a paus a un pobre can e os veciños a aplaudir e a rir as gracias do tipo. Se cadra e o mesmo que planta lumes porque así fode ao viciño de riba que non traga ou aproveita e a ver se poñen uns "eólicos" e gaño uns cartos, e seguramente tamén tirará a merda da obra que está a facer na casa na cuneta da estrada que arranxaron hai un tempo pero non queria porque lle quitaban 2 metros dos seus terreos... tou a inventar algo?
- Tema "lumes": o único que se pode sacar de positivo dos lumes de agosto é que se comece a cuestionar a política forestal en Galicia baseada no eucalipto... a ver se é certo e abandonamos ese modelo. Tamén temos (que por ser mal pensado non me sorprende) o tema de antepor os intereses de partido aos intereses do país, sociedade, poboación... co conto dos convenios sobre as brigadas forestais nos concellos do PP
- Nin fumes nin bebas, conduce a 50 e non "fales polo micrófono"... veña! todos metidos nunha burbulla coma no anuncio ese do "espacio vital"!
Saudos!
Esto so afecta ás mulleres ou os homes tamén?
Escrito por Anónimo ás 15/9/06 19:19
pois non cho sei, haberá que preguntarlle aos iluminados do Instituto Karolinska de Estocolmo :)
Escrito por Suevo ás 15/9/06 19:36