No en mi nombre ¿? Queremos saber la verdad ¿?
Ía pasar por alto a manifestación deste sabado convocada pola AVT co PP na sombra pero despois de ve-la foto do noso EX don manuel no blog do alpendre non me podo resisitir a botar unhas palabras... "No en mi nombre"... a qué? de que van? Queren que todo siga igual, que siga habendo mortes? iso e o que queren? Din que non se pode negociar con ETA cando eles (o PP) xa o fixeron en 1998, non entendo nada, prefiren que siga morrendo xente a que sexan outros os que consigan a fin do terrorismo. Ou será que non queren que desapareza ETA porque senon non poden seguir vivindo do conto do terrorismo, do problema do Pais Basco? Se non existe terrorismo cal vai ser a cortina de fume agora que o estatut de cataluña parece que xa pasou de moda? Ata cando seguiremos coa carallada de que periga a unidade de España? Non entendo nada.
Por qué seguimos a enredar co 11-M, ata cando seguiremos con magnificas informacións tipo "atopada cassette da orquesta mondragón" en periodicos como "El Mundo"? Por qué se mistura o 11-M (queremos saber la verdad ¿?) coa negociación con ETA no lema da "manifa" popular?
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Escrito por Anónimo ás 12/6/06 22:24