2007-11-29 

Flashphone: Chamadas de balde a través de internet



Flashphone é un servizo VoIP online (en fase beta) que permite realizar (polo de agora) ata 3 chamadas gratuitas por dia, cunha duración máxima de 3 minutos. Servizo dispónibel para os países que aparecen nesta lista

Para poder chamar témonos que rexistrar na web, acabo de probar e funciona! :)

É esta a fin da telefonía tal e como a coñecemos actualmente?

Via: Boorlix

Etiquetas: , , ,

2007-11-28 

O Canal de Panamá (en cámara rápida)

Seica hoxe (inda que a estas horas deberia dicir xa onte) o blog do Marcus cumpriu 2 anos. O tema é que empecei a darlle voltas ao gerolo sobre como descubrín o seu blog e, penso, din co momento: unha entrada na que metia un video a cámara rápida dunha esclusa do canal/canle/cal de Panamá (durante 12 horas). Mais dun ano despois o video sigue a me parecer interesante



Relacionado: Travesía polo canal de Panamá (tamén en cámara rápida)

Etiquetas: ,

2007-11-17 

Pene-Drive


XD

Etiquetas: , , , ,

2007-11-11 

Juancar vs Chavez, Fight!!!

Juancar Vs Chavez

Relacionado: 1er concurso de chistes del rey dando voces de cogiendocaracoles.com XD XD XD

Etiquetas: , , , ,

 

Prestige, 5 anos despois

Prestige

5 anos despois, estamos mais preparados? non o creo

Etiquetas: , ,

2007-11-02 

O extraño meme das oito cousas

Nunca vin un meme (algo así como a cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os 8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:

1- A chegada dos romanos: 137 a.C, incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"

2- O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia. Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon Prisciliano

3- A chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438)

4- A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (Dona Tareixa) e do conde galego Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.

5- As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

6- Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a doma e castración do Reino de Galicia

7- O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.

8- Castelao: pai do nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do Estatuto de Autonomía do 36


E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]

Etiquetas: , ,

2007-11-01 

Tódolos santos que non Halloween

Hoxe pra min sempre será Tódolos Santos (ou Todos-os-Santos como queirades) pero nunca Halloween (como moito, Samaín celebrando o Magosto)

Iso non quita que sexa un namorado deste grupo



Relacionado: Cancións míticas: Eagle Fly Free

Nota mental: Se mo preguntaran, autocalificaria esta entrada como pésima (sacado o video, of course)

Etiquetas: , , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña