2007-05-31 

Sinais curiosas: Area Recreativa

Serei de "mirada sucia"?

Area Recreativa

Via: El perro flaco

Etiquetas: , , ,

 

Asubiando

asubío .m. 1. Son agudo que se produce ó pasa-lo aire por unha abertura estreita, como a dun chifre, ou a da boca cos labios case pechados. Oíanse uns asubíos ao lonxe. Despediron a súa actuación con asubíos. 2. Pequeno instrumento que serve para asubiar. Merqueille un asubío ó neno. SIN. chifre, pito.

Poderiase engadir:
3. Son habitual esta temporada nos estadios de Riazor e Balaídos


Peter, Bjorn & John - Young Folks

Mola!

Etiquetas: , , ,

2007-05-30 

Cancións míticas: Menea el bullarengue

Case seis meses despois da última entrada, recupero a sección de cancións míticas motivado por un comentario do Suso sobre Siniestro.

Siniestro Total: Menea el bullarengue
LP: Menos Mal que nos queda Portugal (ou como dixo Turonio: Minus malem Portucalem rest)



PD: Nótese a presenza de Reixa e o seu "resentido" sombreiro :)

Etiquetas: ,

2007-05-28 

Municipais07: Vai de cú o BNG?

Big Blue Fluffy Bunny Socks
O primeiro que me chamou a atención mirando o gráfico da evolución do voto nas municipais en Galiza é que o descalabro do BNG non foi tan grande como semella vendo os resultados das 7 cidades do país (sobre todo en Ferrol, superado mesmo por EU) xa que segue a ter unha base de apoios de arredor dos 300.000 votos, exactamente 315.449, o 19,15%. Inda que tivo 10.000 votos menos que nas municipais do 2003, conseguiu 661 concelleiros (66 mais ca en 2003), gañando nas vilas e pequenos concellos os votos perdidos nas cidades. Todo isto, xunto coa baixada do PP (non tan grande, segue a ser o partido mais votado) fai que non se poda falar de crise polo momento pero penso que os seus dirixentes deben reflexionar sobre os resultados obtidos, agora que ainda están a tempo, se non queren convertir o partido nun agregado do PSdG-PSOE que soio serva pra governar en coalición como grupo de apoio mentres precisen del.

Cómpre destacar tamén os 33.615 votos e 66 concelleiros do TeGa, 11.000 votos por riba de EU, seguirá progresando ou quedaranse noutro intento de partido de centro nacionalista?

Datos extraidos da páxina sobre as eleccións municipais 2007 do Ministerio do Interior (non sei porqué, pero non coinciden exactamente cos dos medios de comunicación).

PD: A fotografía pertence a unha magnifica colección de imaxes do fotógrafo londinense Maleficus V, velaquí a sua conta de Flickr, erotismo cuns toques vermellos e azuis.

Etiquetas: , ,

2007-05-24 

Municipais07: Decidindo o voto

pensando

Por primeira vez na miña vida non teño moi claro a quen votar nestas eleccións, nin sequera se vou votar. Até o d'agora sempre votei aos mesmos, inda que recoñezo que nalgunha ocasión teño votado a estoutros, pero entre que non teño nin puta idea de quen é o paisano este e que realmente xa non vivo na cidade na que estou censado pois non che sei que vou facer.

Descartando de entrada ao PP, ao pseudo-PG (penso que non se presenta en Ferrol), a IF (inda que o Juan Fernández é un dos poucos coherentes coas suas ideas) e ao PSdG/PSOE co seu candidato surfeiro, teño que decidir entre a opción por descarte (PVBE) ou a cachondiña de EU (sei duns cantos que van votala só por iso), non sei, igual dame o punto e voto a TG.

Como comentou Andrés Milleiro hai uns dias, eu tamén son dos que bota en falta un partido nacionalista de centro-dereita no país; o BNG non pode (e non deberia) agrupar todo o voto nacionalista.

Por certo, na Coruña teria-o claro: o único partido de esquerdas que existe -> Bloque

Etiquetas: ,

2007-05-22 

Publicidade Surrealista


Nieve, curvas imposibles y una obra sin razón
Jabones, una vaca sorda y carteles sin comprensión
Un superhéroe herido, rocas en reproducción
Ciclistas que distraigan,
Y Richard Clayderman en su piano sin control
Y una maratóooooon, oooh..oooh......oooh....

Non sei que opinará Bastian do anuncio

Relacionado:
- MP3 do anuncio
- Videoclip da canción orixinal -> Never Ending Story (Limahl)
- B.S.O. Never Ending Story (Rapishare, password .RAR: josuefunes)
- Canción orixinal: Never Ending Story (Rapishare)

Etiquetas: , ,

2007-05-21 

Smoking Room

Smoking Room

Via: Flickr
Relacionado: Puto Tabaco

Etiquetas: ,

2007-05-19 

Guararey, Guararey, Guararey...

Non sei que versión foi a primeira pero quedo claramente coa dos Hermanos Carrión... que letras, que bailes, que coreografia... que risas :D



Versión "Grupo Deseo" (supoño que algo así como as "Sex Bomb" ecuatorianas)



Visto en Yonkis.com e mais tarde no programa Se lo que hicisteis da Sexta

+Info: Neste blog podedes atopa-la letra da canción dos bigotes.

Etiquetas: , ,

2007-05-18 

Publicidade Creativa



Via: El perro flaco

Etiquetas: ,

2007-05-15 

Un ano de diario dum suevo

Hoxe este blog cumpre un ano de existencia, gostariame facer unha entrada coma a do moucho no seu post nº100 pero non estou moi falangueiro, onte despediuse un dos meus blogs favoritos do blogomillo: A Randeeira. Non é o primeiro que vexo caer neste ano, hai algo mais dun mes tamén o fixo outro dos meus destacados, a Caixa do Mendinho.

En fin, por aquí seguiremos mentres a ilusión acompañe, haxa inspiración e quede algún visitante. Polo momento o conseguido supera todalas miñas espectativas: Mais de 70000 visitas (páxinas cargadas, moitas delas probablemente miñas), 223 entradas (224 con esta) e unha morea de xente que coñecín inda que sexa virtualmente grazas ao blog.

Moitas grazas aos que comentades ou simplesmente ledes o diario por facer que siga coa ilusión de botarlle de vez en cando algunha parrafada. Como se di nestes casos: D'hoxe nun ano!

Etiquetas: , ,

2007-05-14 

Municipais07: Carteis electorais

Comeza a campaña electoral, 2 semanas de "coruñeses y coruñesas", "galegos e galegas", "ferrolanos y ferrolanas"... e todo tipo de "eses e esas"

Dando unha volta pola Coruña, atopo os pedazo de carteis deseño photoshop "2.0" do candidato polo partido COR.CO.B.A, o Sr.Corcoba

Corcoba

Tamén os carteis do Sr. Carloz Marcoz, candidato polo Partido Regionalista-Folclorista-TeSoyGalleguista chamado "Partido Galeguista" (toda semellanza co partido histórico é pura ficción), un feixe de persoas agrupadas arredor dunhas siglas históricas para conseguir acta de concelleiro e chupar do bote

CarlosMarcos

En definitiva, antes de votar a un destes prefiro meterme no "Ejercito de Salvación"

EjercitoSalvacion

Etiquetas: , , ,

2007-05-12 

Euromicción

Euromiccion

Non confundir con Eurovisom

Etiquetas: , ,

2007-05-07 

"Dueling Banjos" en "Family Guy"

Xa teño melodia pr'o movil :DDDD



Para pasar o video de YouTube a MP3 --> Zamzar

Cacharreando un pouco descubro que é unha parodia peideira da canción "Dueling Banjos" que sae na película "Deliverance (1972)", por certo, boa película.



Descargas relacionadas:

Etiquetas: , , , ,

2007-05-04 

Cuestionario Proust

A petición de Randeeira, aí vai o meu primeiro meme, o test de Proust, feito coas gafotas de ver de cerca e compre non tomar moito en serio:

O principal rasgo do meu carácter?
Indeciso

A calidade que prefiro nun home?
Humildade, intelixencia, "don de xentes"

A calidade que desexo nunha muller?
As mesmas que nun home

O que máis aprecio nos meus amigos?
Que estean nos momentos malos (suponse pero non sempre é así)

O meu principal defecto?
Vagancia e "procrastinación" como se dí agora

A miña ocupación preferida?
Non sei se é a preferida pero perder o tempo co ordenador perdo de mais

O meu soño de dicha?
What the fuck é iso de "dicha"?

Cal sería a miña maior desgraza?
uff, mal rollo...

Que quixera ser?
Un puto cabaleiro medieval libertando á Gallaecia

Onde desexaría vivir?
En calqueira sitio da Galiza, pero pasando as vacacións de inverno nas Canarias ou no Caribe tomando o sol

A cor que prefiro?
Azul, sen dúbida

A flor que prefiro?
Queda ben iso de dicir a do toxo. Por certo que seria do "SolFuerza", un combustible feito con toxo?

O paxaro que prefiro?
A águia de cabeza branca (si, a que aparece no escudo dos USA)

Os meus autores preferidos en prosa?
Eu que sei, os que saen na PC Actual? :DDDD

Os meus heroes de ficción?
"El gran heroe americano", Rompetechos e o tipo moroso que vivia no faiado do "13, Rua do percebe"

As miñas heroínas de ficción?
A tipa que saia en "Busco a Jacks" :P ("lo retiro")
Valería aquí Cuddy (a de House) e Brenda (a de The Closer)?

Os meus compositores preferidos?
mmm... non sei

Os meus pintores predilectos?
Dalí, un antigo compañeiro de piso converteume ao surrealiiiiiiismo

Os meus heroes da vida real?
Calqueira da reminiscencia "fatxa" galega: Os Irmandiños, o Mariscal Pardo de Cela, o Conde de Trava (Pedro Froilaz)...

As miñas heroínas históricas?
Maria Pita... era drogadicta?
Agora en serio... a figura de Inés de Castro sempre me entusiasmou

Os meus nomes favoritos?
Preferibelmente galegos: Paulo, Uxio, Iria, Catuxa...
Mólame moito tamén "Zé"

Que detesto máis que nada?
A hipocrisía e a xente que fala e fala e fala (pero sen dicir nada, absorvedores de enerxia)

Que caracteres históricos desprezo máis?
Os Reis Católicos e tamén o Afonso X "O sabio"

Que feito militar admiro máis?
"A marcha verde", non o admiro pero non entendo como o Estado Español vendeu aos Saharauis dun xeito tan fácil.

Que reforma admiro máis?
Se non me molestan mentres durmo, calquera

Que dons naturais quixeras ter?
Superpoderes: telequinesia, invisibilidade e esas cousas :D

Como me gustaría morrer?
Supoño que durmindo, pero polo menos que non sexa unha morte absurda como tropezando no cuarto de baño ou atropelado polo "pathfinder" ese que limpa as ruas

Estado presente do meu espírito?
Vegetativo

Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Iso da "indulxencia" soa a relixioso

O meu lema?
Deixa para pasadomañá o que podas facer hoxe ou mañá
Tampouco está mal este: Non deixes pra mañá o intentar empaquetarlle a outro o que tes que facer hoxe

Que o faga quen lle apeteza, pero voullo pedir a:
O Alpendre

Etiquetas: ,

2007-05-03 

Joost: Televisión por internet



Hace ya un tiempo que conocí esta aplicación para ver la tele a través de internet, intenté en su momento hacerme con una invitación para probarlo via NoticiasFrikis pero no pudo ser, llegué tarde, como es constumbre, a la "repartición" que hizo Marcus; por lo que la pedí directamente al Sr.Joost y al cabo de unos días llegó para mi sorpresa. Instalé el programa y le estuve echando un vistazo a la programación, bueno, nada del otro mundo pero con una conexión decente se ve sin muchos saltos, con una calidad bastante aceptable y supongo que con el tiempo irán ampliando el número de canales y traduciendo el programa a otros idiomas (está en inglés).

La verdad es que me olvidé del tema, no hay ningún canal que realmente me interese (excepto el Ministry of Sound TV en plan música ambiental) pero hoy chateando por GTalk me preguntaron si conocía Joost, contesté "de que sí" y que tenía invitaciones, si queria una... pensé que solo disponía de 3 pero "cual fue mi sorpresa", debieron de abrir el grifo hace poco porque tenia 999 disponibles!!!

Pues nada, a regalarlas que no cuesta nada, si alguien quiere alguna, que escriba un comentario o que me mande un mail (la dirección anda por ahí arriba, por onde o Suevo traballando) con su nombre, apellido y email (es lo que piden).

PD: Que conste que non lle quero facer a competencia ao Marcus (tamén regala invitacións), supoño que abririan o grifo estes dias.

Etiquetas: , , , ,

2007-05-01 

Map my name (por onde andas?)

Map my Name - Suevo

Gustoume a idea que vin no blog de Marcus, un deses servizos web 2.0.

Supostamente este experimento (como ben di Marcus) "serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación"; pero sen ir tan aló penso que é unha boa idea para saber por onde andan os compoñentes do blogomillo ou dos blogs que lemos en xeral (pódese conseguir simplesmente colocando "Blogomillo" no apelido ou last-name do "profile" a modo de "tag")... algo como xa fixeran en Lantania hai tempo pero sendo nós mesmos os que nos situemos.

PD: Na foto aparezo co farda-pocket que non puiden pór estes dias, ao final, o tempo non acompañou :(

Etiquetas: , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña