2007-02-28 

Astano



POR QUÉ carallo non deixan construir en Astano (agora Navantia-Fene e durante uns anos Izar-Fene) barcos civís se tampouco poden facer barcos militares? que escuros intereses existen? quen quere que se vaia ao garete (se non se foi xa) unha das principais empresas de Ferrolterra?
Non entendo a razón!!!!

PD: A foto foi "secuestrada" do blog de Ivan Puentes

Etiquetas: , ,

2007-02-26 

Galáctica

O señor Harvey (Moderno de Merda) lembrounos hai pouco un "baile proibido" saido desa mítica serie da idade de ouro da galega chamada Buck Rogers. Rápidamente veume á cabeza outra serie algo mais antiga que via de moi cativiño por VHF (cando só habia a primeira e a segunda), esa serie era Galáctica e dixen que ata tiña un álbum de cromos dela, velaí a proba:

Galactica Frontal

Galactica Dentro Galactica Reverso

PD: Como se pode comprobar o album non está completo e non creo que o estea nunca :(

Etiquetas: ,

2007-02-23 

El perro de Fry (Futurama)

Como non teño moitas ganas de falar sobre a censura de TVE á entrevista de Quintero ao butanito; ou sobre as habituais broncas políticas sobre condecorancións encarnadas ou amarelas ou sobre de juana chao's e manifestacións do PP/AVT por iso de que non me ferva o sangue, prefiro engadir un pequeno extracto do capítulo que deron hoxe na Sexta desa magnífica serie chamada Futurama (a ver se é certo o de que van facer unha nova temporada)

Etiquetas: , , ,

2007-02-20 

Todo segue igual



Todo segue igual, non cambiou nada, xa pode gobernar quen sexa que aquí ninguén ten collóns pra tomar decisións que non lle gusten a cidadania (exceito campañas antitabaco, antialcool,...) ou ao señor diñeiro (aseguradoras, armadoras...)

Parece que a carga non é perigosa, pero como se o fora, ian intentar escaquearse do problema igual, non vaia ser que perdan votos ou que se cabreen as aseguradoras dos barcos.

Aquí ninguén aprende nada, xa pode haber un presitige cada 10 anos que é-che o mesmo, ninguén se molla e toma decisións.

O barco a dar voltas, alonxamolo da costa por iso de que non lle toque outra vez á costa da morte e haberia moito jaleo se o metemos nalgunha ria; a cousa se complica, pois tiramos prá mariña que igual aló deixan metelo nalgún porto, pero tampouco; fondeamos e mareamo-la perdiz mentres negociamos cos donos do barco.

Onde están eses portos de abrigo (aceptamos "punta langosteira" coma porto de abrigo? dame a risa). Un goberno ten que tomar decisións inda que sexa impopulares, se hai que meter un barco nun porto ou fondealo nunha ria, faise e punto. Despois non temos ningún problema en construir unha perigosa planta de gas en metade da ria de Ferrol, ai amigo pero aí hai cartos por medio. Manda carallo.

Etiquetas: , ,

2007-02-19 

Leia mais!

36313550_669c1c642a

Súmome á campaña de animación á lectura comezada por X (Selva de Esmelle)

159140699_f604c72351_o

174632775_37eccb771a_b

67681159_96f61a1281

145854636_11003b22df_o

39400581_b70f9ddf99_o

214287995_28db31412a_o

E para que non me tachen de machista, hai vos vai un tipo ben mono

66876203_46fb877767_o

Etiquetas: , , ,

2007-02-18 

Desaparecín do Google

Missing

Desaparecín do Google, non sei que pasou pero non existe ningunha ligazón directa ao blog dende Google, só referencias indirectas a listas de blogs ou webs nas que aparece este blog como Blogaliza, Blogalego, Blogalaxia ou similares.

Antes se buscaba "suevo" no Google aparecian varias referencias ao blog na primeira páxina de resultados, tamén tiña algunha entrada do blog posicionada na primeira páxina do google como por exemplo ao procurar por "Lujan Argüelles" (aparecia en 1º lugar por riba do artigo da wikipedia) ou por "Desmadre en el marquesito" entre outras, pero agora nada, borraronme do mapa, non aparezo nin tan sequera no buscador de blogs do google (polo que o botón de busca que teño no blog non atopa nada) e non entendo porqué.

Poderia botarlle a culpa ao paso a Blogger Ex-beta ou a unha hipotética vinganza de google por quita-la barra de Blogger do meu blog, ou a unha man negra que non queria que aparecese como primeiro resultado algunha entrada do blog, non cho sei, o caso e que xa non estou.

A efectos prácticos espero seguir tendo aos lectores habituais que xa coñecedes o diario, pero verase reducido o número de persoas que entran no chiringo de casualidade e, quen sabe, igual algunha gustaba del.

PD: Como curiosidade, saber que lle podedes suxerir a google que engada o voso blog ou páxina web dende esta dirección: http://www.google.es/intl/es/addurl.html

Etiquetas: , , , ,

2007-02-15 

Ono va a comprar R

ono

Así mesmo dixo a comercial agresiva de ONO que pasou hoxe pola miña casa: "Ono va a comprar R". A verdade é que teñen uns prezos bastante competitivos pero non me fio moito dos seus servizos baseados na "liña de cobre" de Telefónica (non teñen cableado en Galicia) como me confirmou ela mesmo. Comparar cable de cobre con fibra óptica é como comparar un seiscentos revolucionado cun mercedes a ralentí; o primeiro non da pra mais e o segundo cando lle dea a gana pode abri-la billa canto queira.

Polo momento estou bastante contento con R (a non ser pola elevada factura) e, non sei, serei un paleto nacionalista pero prefiro que me estafe unha empresa galega que non unha de fora.

Etiquetas:

2007-02-14 

Como se ducha unha muller e un home

Seguindo coa política de entradas curtas motivada por temas laborais, fago uso doutro video coñeiro para cumprir cos servizos mínimos obrigados polo blogomillo.

De paso, podemos observar o comportamento tipo dunha parella no dia dos namorados.


How To Shower - Men & Women - video powered by Metacafe

Etiquetas: , ,

2007-02-13 

Grândola, Vila Morena

Poucas cancións hai mais bonitas ca esta.



Via: Chover, chove...
Mais información en De Sons

Etiquetas: ,

2007-02-11 

Cámaras ocultas

Las cámaras ocultas que tenemos "aquí, en españa" son una mierda; tendríamos que aprender de los japos:







Via: NoticiasFrikis > Están locos estos japos

Etiquetas: , ,

2007-02-06 

Eres mas lento...

Western

Alumno desesperado pola lentitude do PC:
Esto es mas lento que el caballo del malo

Etiquetas: , ,

 

Traslado forzoso

Blogger Ex-Beta

Pois xa estou en Blogger Ex-Beta, facia tempo que pensaba en mudar pero a cousa foi un pouco obrigada.

Polo momento non vexo problemas, unicamente eñes e tildes que saen mal (pasareime ao ene-agá?); será cuestión de correxilo.

O primeiro cambio, quita-la barra de blogger metendo o seguinte código na plantilla:
#navbar-iframe {
height:0px;
visibility:hidden;
display:none;
}

Etiquetas: ,

2007-02-03 

Autobombo: Ascendendo no blogomillo

Hoxe leveime unha boa sorpresa ao visitar o ranking "oficioso" do blogomillo, este blog ascendeu até o posto 55 da lista e o meu outro blog (Desenho Galego) acada a moi honrosa posición 127.

Xa houbo hai tempo un "debate" nos comentarios dunha entrada do blog de Marcus sobre o xeito no que se crea este ranking: estar mais arriba non significa ter mais visitas nin mais "calidade" nas entradas do diário, só ter mais ligazóns dende outros blogs apuntados en Technorati.

De todolos xeitos, estou moi contento por este "ascenso de categoria" e para celebralo fixen unha pequena trapallada; non quedou mal de todo:

Blogomillo

PD: Y como estoy de "autobombo" queda plasmado en esta entrada el premio sugus de piña concedido por Valadrem al "mejor insulto friki", premio compartido cordialmente con el otro ganador: Telcarion

Premio Sugus de Piña

Etiquetas: , ,

2007-02-02 

Suposto "éxito" do apagón

Ciudad_Artes_Ciencias_Valencia_siguio_convocatoria_apagon_1955_2000_horas_promovida_Alianza

Moito lin hoxe sobre o suposto apagón d'onte, moitas fotografias nos xornais e supoño que tamén moitas crónicas sobre o acontecemento nas televisións e radios.

Din que foi un éxito pero en realidade non creo que fora tal, seica só houbo unha baixada do consumo do 2,5% e quitando monumentos e algún edificio oficial polo demais pouco apagón houbo (vese perfectamente na fotografía); cobertura mediática toda a posíbel pero apagón real pouco.

Están moi ben estas iniciativas pero supoño que antes temos que estar concienciados sobre o problema do consumo insostíbel de enerxia.

 

Orujo, orujo...

Escultura-Culo

Ás veces hai novas que non poden ser verdade:

Via: NoticiasFrikis
Condenado un hombre por abusar de su primo a quien confundió con su novia

Por el título puede parecer una historia irreal, pero lo peor de todo es que es 100% verídica.

En la cena de fin de año, un hombre (llamémosle Pepe) de 53 años fué a Málaga a cenar en la casa donde vivían su primo (a este le diremos Paco), la mujer de este y sus hijos.
Los familiares cenaron juntos, tomaron las uvas juntos, bebieron juntos y después se hecharon un rato a dormir para continuar la fiesa por la mañana.

Pero… algo interrumpió el plácido sueño de Paco he hizo que este se levantara sobresaltado de la cama. Sentía un gran dolor en el culo, y tenía a su primo Pepe sobre él, al cual apartó de un codazo.

Tras un pequeño intento de asesinato por parte del violado, y algunas pruebas médicas, la conclusión fué que: Pepe, se levantó en mitad de su siestecita para ir al baño, y de vuelta a su habitación se confundió de cama y creyó que Paco era en realidad su novia, por lo que …[censura]… los dos en los tribunales y Pepe pagando a su primo 6.000 Euros por daños morales.

Xa o dí o refraneiro popular: "Orujo, orujo... por el culo te la estrujo"

Mas información en Granada Digital

Actualización: Para unha mellor compresión do "suceso acaecido", engado imaxe do "Instituto Brasileiro de Estudos Orientais" (Via: EnGalego3.0)

brazilian-black-anal

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña